Para este verán, propoñémosvos pasalo ben cos deportes de auga, das posibilidades que nos ofrece o noso entorno. Aquí vos deixamos información, para que vos animedes a prácticar todas esas actividades:
Se vos animades a facer Piragüismo, no Club Kayak Tudense poderás levar a cabo cursos durante todo o Verán. Tamén vos podedes apuntar en familia ao " Descenso do Río Miño" unha experiencia inolvidable para vivir. Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 986609248, no correo electrónico: kayaktudense@kayaktudense.org ou na Web: http:www.kayaktudense.org.
Se o que queredes é practicar Remo, no Club Remo Tui, poderás aprender a remar, nos seus cursos de Verán. Estes serán para nenos e para adultos. Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 649867136 , ou no correo electrónico: clubremotui@gmail.com ou na Web: http://crtui.blogspot.com.es/
Se o que queredes é probar o Sky Náutico, no Club Náutico San Telmo, poderás facelo tamén aquí no Río Miño . Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 986602464 ou na Web: http://www.cnsantelmo.com/
Se o que queredes é probar aguas bravas, no Club Piragüismo Penedo, poderás facelo tamén aquí no Río Miño . Para obter máis información podedes chamar ao teléfono 650576610 ou na Web: http://clubpiraguismopenedo.com/
Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Salceda de Caselas.
Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Deixamos algunhas sendas de Salceda de Caselas que nos invita a facer Elena de 6ºA, pinchade na senda que queirades visitar:
Este ano foi un ano moi especial. Especial porque a horta do noso colexio foi collendo cor, e coas nosas cores fomos quen, de pintala e preparala ao grande. Coas ilusións e grandes ideas da profe Montse, preparamos a nosahorta creativa e comezaramos a plantar as nosas sementes, que medraban cos nosos coidados diarios, para preparar unha alimentación sa e saudable.
Especial porque coa chegada de Covid-19, alguén decía "Horta en Pausa..?" Non o podíamos permitir, así que puxemos todo a nosa creatividade en funcionamento, sabendo que é moi importante comer sa e saudable. Para iso coa axuda das nosas familias, dos nosos avós...a horta do noso colexio, chegou a moitas das nosas casas. Aquí ímosvos dar boa conta dos alimentos que cultivamos e na sección de alimentación sa e saudable, podedes ver os exquisitos pratos que preparamos para degustar. Auténticos Delicatessem Ecolóxicos.
Na horta de Andrea de 5ºA e Mauro de 2ºB medraron riquísimas leitugas, tomates, pementos, melóns, xudías e moitas cousas máis.
Na horta de César de 4ºB e da súa avoa medraron tomates, pementos,brócoli, cenorias, pepinos, alcachofa, patacas, sandía, leituga, repolo, cebolas, remolacha, espinacas e cogombro.
A familia Docampo, Dani de 5ºB e Javier de 1ºA están a cultivar na súa horta ecolóxica: fresas, pementos, xudías e cabazas.
Iago de 6ºA coida con moito esmero da súa horta, rega cada día para que as súas fresas, as xudías, os pementos de padróns,... medren para preparar pratos exquisitos.
Nico de 6ºA, tamén ten unha gran horta con moitas leitugas, xudías, espinacas, cebolas, repolos, cenorias, pementos, tomates,...
O pai de Uxía de 6ºA, ten unha horta fantástica, con arbores froiteiras: limoeiros, kiwis, colleita leitugas, remolacha, melóns, tomates, framboesas, cebolas... e ten unhas galiñas que poñen uns ovos estupendos.
Sara de 3ºA e a súa familia tamén teñen unha gran horta con moitas leitugas, pementos,...
Aarón de 6ºC e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, repolos,...
Arantxa de 6ºC tamén unha gran horta con moitas leitugas, pementos, tomates, melóns...
Kevin de 6ºB e a súa familia, están a cultivar: Tomates, pementos, repolos, leitugas...
Xenxo de 4ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, fresas...
Angel de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...
Paula de 6ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...
O teu navegador non soporta este vídeo.
Shaila de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...
Never give up having a happy and healthy lifestyle!
During the quarantine and this awkward summer, our wonderfull students didn´t stop with their healthy lifestyle. With their families, they practiced lots of free air activities, walked miles and miles along some worderfull parks, went riding, skating, ... and they sent us some evedences of that. Some places are: A guarda, O rosoal, Redondela, Salceda, Tomiño or Tui surroundings.
Besides, they grew some marvelous plants in their gardens and they create lots of delicious recepies that they shared with us.
We are so proud of them!
In the following pictures you can see some of the great things that they did or the places that they have visited.
Estes días de confinamento imos invitarvos a probar as nosas receitas de alimentación saudable, cultivadas nas nosas hortas na casa. O alumnado do CEIP Nº2 de Tui, traballamos para poder compartir con vós estas delicias de:Almorzo, Comida, Cea, Merenda. Cociñamos a nosa receita en familia e preparámolas con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.
Yago de 4ºB preparounos fresas con chocolate.Ingredientes: fresas, chocolate, noz picada, boliñas e fideos de chocolate.Exquisito Yago.
Elia de 4ºA preparounos xelado de laranxa. Riquísimo Elia. Animádevos a facelo na vosa casa. Pincha na foto para ver a receita completa
Aaron de 6ºC preparounos un batido de plátano e mazá. Fantástico Aarón.
Andrea de 5ºA preparounos unha ensalada e unha tortilla coas delicias da súa horta. Todo un menú saudable.
Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB envíannos dúas receitas deliciosas. Todo un menú saudable.
Noa 5ºA envíannos dúas receitas deliciosas: Xudías con xamón e tomates recheos.
Aarón de 6ºC preparounos un bocata delicioso de atún, cenoria, millo, leituga, queixo e xamón cocido. Riquísimo Aarón. Animádevos a facelo na vosa casa.
Sara de 3ºA preparounos una receta de exquisita de lasaña de verduras. Riquísimo Sara. Animádevos a facelo na vosa casa.
Uxía de 6ºA envíannos dúas receitas deliciosas da súa horta: ensalada de leituga e frambuesas con Iogur. Exquisitas.
Xenxo de 4ºA envíannos as delicias da súa horta: Berenxenas recheas. Riquísima.
Alba de 4ºB envíannos un fantástico Smothie de froitas e unha pasta con salsa china moi saudable. Exquisito.
César e Zoe envíannos unha Crema de Cogombro que está deliciosa. Tedes que probar a facela e moi sinxela.
Shaila de 5ºB, envíanos a súa receita deliciosa. Tedes que probar a facela e moi sinxela.
Dado que finalmente o alumnado Erasmus+ de Figueira da Foz e de Torrevieja, non puideron visitar o noso colexio esta semana. Decidimos ensinarlles as rutas e lugares que ían visitar se viñeran. Así poderán virtualmente coñecer as nosas rutas con encanto. Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, coas nosas familias, estamos a percorrer todos os lugares de Tui que son espazos que paga a pena visitar.
O Monte Aloia é un parque Natural situado en Tui, que é visita obrigatoria se decides pasar pola nosa cidade. Ten moitos recunchos con encanto, onde podemos coñecer a fauna e flora do noso entorno, ímosvolos ensinar:
Aarón de 6ºC achéganos ata a "O Monte Aloia", fai un percorrido por diversas partes do monte, que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.
Elia de 4ºA e Manuel de 1ºB ensínannos o Mirador da Cruz, o Mirador detrás da Capela e o restaurante do monte. Bo traballo.
Sara achéganos ata a "Cama de San Xiao", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Sara.
Lía achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.
Julián achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Julián e a súa familia.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Se aproveitades para relaxarvos, respirar tranquilos, estaredes practicando Mindfulnes coma fixo Sara. Moitas grazas . Gran Traballo.
Silvia de 6ºB e a súa familia, lévannos ata o "Arboreto", un lugar máxico onde podedes sentir a paz da natureza.
Paula e Jaime ensínannos a Senda que leva ao Rego de Pedra, un lugar para sentir a natureza.
Alexandre de 6ºA, achéganos ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.
Noemi de 3ºA, achéganos tamén ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.
Mikel e Gorka, achégannos ata o "Alto dos Cubos", unha visita que fixeron coa súa familia e que paga a pena ver.
Diego de 6ºA, lévanos á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Diego.
Hugo de 5ºC, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Hugo.
Noemi de 3ºA, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Noemi.
Alejandro de 4ºA, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia. Grazas Alejandro.
Na Senda dos Muiños do Tripes, tamén estivo a familia Docampo de Daniel e Javier, un lugar estupendo, para pasear e pasalo ben en familia. Grazas.
O Camiño de Santiago Portugués, é unha importante ruta xacobea, que entra en Tui dende Valença pola vella ponte internacional. Nos últimos anos gañou moita afluencia de peregrinos que a pé, en bicicleta ou a cabalo fan o camiño para rematar en Santiago de Compostela. O alumnado de 3º do colexio percórrea cada ano ,dende a cidade ata a Ponte Romana. Ten moitos recunchos con encanto, moita fauna e flora digna de coñecer e pasalo ben, ímosvolos ensinar:
Andrea de 5ºA está no punto de partida do camiño, 116 Km, para chegar a Santiago, a distancia mínima para conseguir a Compostela.
Jorge de 6ºA fixo varios quilómetros, para mostrar as distancias e los puntos quilométricos. Se decidides facer o camiño esta será a vosa guía.
Alba vai ensinarnos o tramo dende Tui ata a Ponte Romana.
Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB ensinan dende a Ponte das Febres ata Budiño.
Sara de 3ºA e a súa familia fixeron tres etapas do Camiño de Santiago, aquí no lo ensinan esperamos que vos guste e vos animedes a facelo.
Uxía de 6ºA ensínanos dende a Ponte das Febres ata Ribadelouro. Moitas grazas Uxi.
A senda da Pedra Santa é unha ruta circular de 9km aproximadamente. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Vai dende a Ponte Romana en Guillarei, seguindo o Camiño de Santiago ata a Ponte das Febres e volve pola Senda do Río Lagartón ata o punto de saída, pasando por moitas zonas de cultivos fascinantes. Ten moitos recunchos con encanto, con unha reserva importante de fauna e flora, ímosvolos ensinar:
Daniel e Javier Docampo coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da Ponte Romana e que fixeron a pé.
Daniela, Hugo e Brais coa súa familia ensínannos a Senda da Pedra Santa en bicicleta, unha ruta que lles encanta.
A Senda do Río Lagartón é unha ruta que podes percorrer se vives en Tui eu ves de visita. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. O alumnado de 2º do colexio percórrea cada ano, como actividade de sendeirismo no medio natural. Vai dende a Depuradora de auga de Guillarei, seguindo o Río Lagartón ata o Tanatorio de Guillarei. Ten moitos recunchos con encanto e unha riqueza en canto a fauna e flora incalculable, ímosvolos ensinar:
Alexandre de 6ºA coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da depuradora na Veiga de Louro e parte da senda que nesta época do ano está ben fermosa e que el fixo en bicicleta.
Daniel e Javier do Campo tamén se animaron a ensinarnos esta Senda estupenda.
Anass tamén se animou a ir coa súa familia e ensinarnos esta Senda estupenda.
Elia e a súa familia, tamén se animaron a ensinarnos esta Senda estupenda para que vos animedes a facela vós tamén.
Xenxo de 4ºA e a súa familia, tamén se animaron a ensinarnos esta Senda tan chula, para que vos animedes a facela vós tamén.
Alba de 4ºB e a súa familia, tamén se animaron a facers esta Senda tan chula, aquí podedes ver as súas fotos.
A senda Tui-Caldelas é unha ruta que podes percorrer se vives en Tui eu ves de visita. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. O alumnado de 5º do colexio percórrea cada ano, no Tui en Ruta. Vai dende a cidade ata a Ribeira de Caldelas a carón do Río Miño. Ten moitos recunchos con encanto, e unha gran riqueza de fauna e flora, ímosvolos ensinar:
Aarón de 6ºC coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da depuradora na Veiga de Louro e parte da senda que nesta época do ano está ben fermosa.
Andrea de 5ºA e a súa familia ensínannos esta ruta en bicicleta, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela.
César de 4ºB convídanos a facer esta senda en bicicleta na ruta Paramos-Baldráns. Moitas grazas.
Alejandro de 4ºA e a súa familia ensínannos esta andando, aquí vos deixamos as súas achegas. Animadevos a facela.
A senda Espazo Fortaleza- Forcadela é unha ruta que está en Tomiño, vai pegada ao Río Miño. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Noemi de 3ºB coa súa familia fixeron esta ruta en bici. Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moita fauna e moita flora, sobre todo nas épocas de migración das aves, ímosvolos ensinar:
A Senda do Caldelas a Salvaterra é unha ruta que podes percorrer pegado ao Río Miño, un entorno natural de gran valor . Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Manu de 6ºC coa súa familia fixeron esta ruta en bici, animádevos a descubrir este senda que vai pegada ao Río Miño.
A senda do banco máis bonito do mundo en Redondela, é un lugar que vai polo mesmo lugar que vai o Camiño de Santiago Portugués. Chegar ata este lugar supón unha camiñata moi longa, pero paga a pena. A familia de Daniel e Javier Docampo fannos chegar unhas fotos fantásticas. Moitas grazas. Anímadevos a pasar un día en familia, neste lugar.
A senda dos Muiños de Folón e Picón é unha ruta que está no Rosal, vai pegada a estes muiños, dando lugar a un entorno natural fantástico e de gran valor etnográfico. Julián de 4ºB coa súa familia fixeron esta ruta andando. Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moita fauna e moita flora, ímosvolos ensinar:
A senda das Salinas de Ullo en Vilaboa (Pontevedra) é unha ruta con moita vextación moita fauna e onde podedes pasar un día estupendo en familia. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Alex de 5ºC coa súa familia fixeron esta ruta . Ten moitos recunchos con encanto, podedes ver moitos patos, garzas,etc, sobre todo nas épocas de migración das aves, ímosvolos ensinar:
Aquí tedes máis información para animarvos a visitala en familia.
Angel José de 5ºB, fai moita actividade ao lado da súa casa. O certo é que vive nun entorno estupendo, para facer moitas rutas andando ou en bicicleta, polas sendas que ten. Alí podes camiñar entre plantacións de kiwis, viñedos, ver moitos animais e pasalo xenial. Aquí vos deixamos os seus vídeos eun saúdo moi especial e agarimoso para todos os alumnos do colexio, especialmente para os seus compañeiros de 5ºB. Moitas grazas Angel.
O monte Santa Tecla na Guarda é un espazo magnífico con vistas á desembocadura do Río Miño. Tamén atópase alí un antigo poblado celta. Yonny de 6ºA estivo aquí coa súa familia e danos conta con imaxes de que paga a pena visitar este lugar.
Rocío e Joswar , compartiron con nós, a súa actividade física diaria. Nesta caso andando en bici, sabemos que lle encanta e que o pasan xenial practicando. Moi bo traballo.
Andrea de 5ºA e Mauro de 2ºB, compartiu con nós, a súa actividade física diaria. Nesta caso facendo o quecemento, andando en bici, sabemos que lle encanta e que o pasan xenial practicando. Moi bo traballo Andrea.