Deporte en Familia Monte Aloia.
Parque Natural do Monte Aloia
Actividades no medio natural.
Rutas con encanto en familia.
Dado que finalmente o alumnado Erasmus+ de Figueira da Foz e de Torrevieja, non puideron visitar o noso colexio esta semana. Decidimos ensinarlles as rutas e lugares que ían visitar se viñeran. Así poderán virtualmente coñecer as nosas rutas con encanto. Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, coas nosas familias, estamos a percorrer todos os lugares de Tui que son espazos que paga a pena visitar.
O Monte Aloia é un parque Natural situado en Tui, que é visita obrigatoria se decides pasar pola nosa cidade. Ten moitos recunchos con encanto, onde podemos coñecer a fauna e flora do noso entorno, ímosvolos ensinar:
Aarón de 6ºC achéganos ata a "O Monte Aloia", fai un percorrido por diversas partes do monte, que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.
Elia de 4ºA e Manuel de 1ºB ensínannos o Mirador da Cruz, o Mirador detrás da Capela e o restaurante do monte. Bo traballo.
Sara achéganos ata a "Cama de San Xiao", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Sara.
Lía achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.
Julián achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Julián e a súa familia.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Se aproveitades para relaxarvos, respirar tranquilos, estaredes practicando Mindfulnes coma fixo Sara. Moitas grazas . Gran Traballo.
Silvia de 6ºB e a súa familia, lévannos ata o "Arboreto", un lugar máxico onde podedes sentir a paz da natureza.
Paula e Jaime ensínannos a Senda que leva ao Rego de Pedra, un lugar para sentir a natureza.
Alexandre de 6ºA, achéganos ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.
Noemi de 3ºA, achéganos tamén ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.
Mikel e Gorka, achégannos ata o "Alto dos Cubos", unha visita que fixeron coa súa familia e que paga a pena ver.
Diego de 6ºA, lévanos á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Diego.