Skip to Content

Outubro 2017

Carreira Solidaria de Cor

               Carreira Solidaria de Cor

        Ceip Nº2 de Tui

 O pasado venres 6 de outubro, puxemos en marcha o proxecto de este ano no colexio: “ A Pintura”.

 Entre as diversas e divertidas actividades que se levaron a cabo ao longo de toda a xornada, estivo a carreira solidaria de cor.

 Nela participaron tod@s nen@s de todo o colexio distribuidos por niveis, tamén puidemos disfrutar dunha carreira de papás, mamás e mestres… menudo pique entre eles, todos querían gañar!!.

 Ademáis, tamén disfrutamos de unha exhibición de Bikecross con Ledicia que viu coa súa cadela e fixo as nosas delicias. Ledi e a súa cadela teñen participado en moitísimas competicións a nivel nacional de Canicross ( carreira a pé con cans) e Bikecross ( carreira en bici con cans).

 Canda ela tamén viñeron Pili e Pepín, dous apaixonados dos animais, da proctectora de animais de Tui, que nos animaron a ser solidarios esta vez cos nosos amigos os cáns. Se dispoñemos de tempo e ilusión, podemos axudarlles na súa aventura de coidar a todos os cans sen dono. Moitas Gracias por transmitirnos ganas e ilusión.

ANDAINA POLOS MUIÑOS DO FURNIA

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h 

O pasado, sábado 21 de outubro ás 17:00h, tivo lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Foi  unha tarde estupenda de sol para facer a camiñada en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h, onde tanto grandes como pequenos deixaron voar a súa imaxinación nun entorno natural e máxico, onde ademáis disfrutamos de teatro, castañas, xogos, gaitas, baile e moita festa.

 Do noso centro participaron moitos alumn@s e as súas familias, que nos fixeron chegar fotos do moito que disfrutaron e o ben que o pasaron. Moitas gracias as familias de Diego, Lía, Brais, Roque, Ada,  Arantxa, Lara, Carmen, Martina, Diego etc.. e a todos os antigos alumnos do cole que se animaron a participar Gonzalo, Iago, Borja, Nico, Adri etc..

Desexámoslle moita sorte ao Profe Alberto de Educación Física.

Desexámoslle moita sorte  ao Profe Alberto de Educación Física.

 A finais do mes de setembro, o equipo de deporte escolar despedimos ao profe Alberto, que estivo con nós 15 días, dando clase aos nenos de 1º,2º e 6º. Foron 15 días intensos que esperamos que disfrutara con nós.

Dende aquí desexamos que no novo cole que teña como destino, poida pásalo moi ben e disfrutar xogando cos nenos como o fixemos os nenos e nenas do noso cole con él.

 Moita sorte profe!

IV Andaina Muiños do Río Furnia en Malvas

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h

 

O vindeiro sábado 21 de outubro ás 17:00h, terá lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Será unha camiñada para facer en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h.

Para os nenos de Educación Infantil e Primaria será gratuita aportando soamente 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani. O precio dos adultos será de 4€ e 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani.

 

Animamos a todas as familias a disfrutar de este entorno natural.

MUAY THAI (boxeo tailandés)

MUAY THAI

 O pasado mes de setembro, César, mestre de Educación Física, estivo de lúa de mel viaxando por Tailandia, país fermoso situado no sureste asiático. Entre actividade e actividade, tivo a oportunidade de presenciar unha velada espectacular de Muay Thai (ou boxeo tailandés), deporte nacional e o máis popular do país.

É un deporte duro, tradicionalmente practicado polas clases baixas xa dende pequenos. Neste tipo de combate empréganse técnicas combinadas de pernas, brazos, pés, xeonllos e cóbados, ademais de barridos, suxecións e lanzamentos.

PROMOCIÓN DE BALONCESTO

PROMOCIÓN DE BALONCESTO

  O pasado Martes 26 de setembro de 2017, estivemos no pavillón vello de Tui cos monitores de Baloncesto do Club Baloncesto Tui. Con eles lanzamos a canasta e fixemos xogos moi divertidos. Tamén nos convidaron a disfrutar do baloncesto ao igual que o fan eles. Moitas grazas.

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

  O pasado Mércores 20 de setembro de 2017, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

     
     
     
   

 

 

PROMOCIÓN PADEL

Promoción de Padel

O pasado venres 22 de setembro de 2017, tivemos a Laura, Miguel e Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

PROMOCIÓN FÚTBOL-SALA

Promoción de Fútbol-sala

 

O pasado Venres 15 de setembro, estivo con nós Xacobe do Club a Quinta Futsal de Tui, el falounos de Futbol sala, dos equipos tanto masculinos como femininos que teñen no seu clube. Tamén nos convidou a probar os adestramentos. Moitas grazas Xacobe.

 

PROMOCIÓN DE BALONMÁN

PROMOCIÓN DE BALONMÁN

  O pasado Venres 15 de setembro, estiveron con nós Martín, Samuel e Bego do Clube Balonmán Tui. El eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles son xogadores de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles moito lles gusta. Moitas grazas.

 



by Dr. Radut