Skip to Content

Xuño 2017

PARQUE PENA AVENTURA

Deporte de aventura en Familia

Pena aventura Portugal.

Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal  “Pena Aventura”.

El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.

Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/

VI ROMARÍA DAS ANGUSTIAS

 

VI Romaría das Angustias 01/07/2017.

 

O vindeiro sábado día 1 de xullo e como xa é costume, o club andatui organiza a VI romaría das Angustias, con saída do Paseo da Corredoira en Tui, e chegada ao Monte Aloia, percorrendo unha distancia de 8km, para despois cear alí e festa ata a madrugada.

 

Unha oportunidade para facer deporte en familia e disfrutar do parque natural do Monte Aloia. Animádevos a participar, atoparedes máis información aquí: http://www.andatui.es/vi-romaria-das-angustias-01072017/

 

RUTA POLO LOURO

Camiño de Santiago e Ruta do Louro 17

O C.E.I.P. Nº2 de Tui, levou a cabo a actividade de “Camiñando pola ruta do Louro” para os alumnos/as de  3º e 4º de Educación Primaria do noso centro educativo.

Dita actividade proposta polo polo Concello de Tui, e na que participaron os alumn@s do Ceip Nº1 e de Guillarei, levounos a camiñar  polo Camiño de Santiago e pola ruta do Louro, onde tamén disfrutamos da nova senda do Río Lagartón. Aquí atoparedes máis información: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3929

Moitas grazas ao Concello de Tui pola proposta e esperamos poder repetila o vindeiro curso.

PIRAGÜISMO COS NENOS E NENAS DE 4º

O pasado martes 20 de Xuño o alumnado de 4º fomos ao clube de piragüismo de Tui a una xornada de promoción deste deporte.

Ao chegar ensináronnos as instalación e tódolos trofeos que gañou ata o momento este clube.

Despois demos una volta polo río Miño en pirauga, pasámolo xenial desfrutando do deporte, da diversión e da natureza.

Foi un gran día!!!!!!

TUI EN RUTA

Tui en Ruta 17

O C.E.I.P. Nº2 de Tui, levou a cabo a actividade do “ Tui en Ruta” para os 62 alumnos/as de  5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

As xornadas tiveron un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propoñemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 20 de Xuño levouse a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, disfrutando pola tarde dunha “ Ginkana” no patio do cole, cos amigos do Club Ciclista Avanza de Porriño.

2ª Xornada: O día 21 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de toma de contacto cos deportes de auga: Piragüísmo.

Dúas xornadas, nas que o noso alumnado disfrutou da bicicleta e de compartir grandes momentos xuntos, para despedir o curso.

Moitisimas grazas ao Concello e a todas as entidades que fixeron posible que poidesemos disfrutar de esta aventura.

Aloiada 17

Aloiada 17

O Ceip Nº1, Ceip Pazos de Reis, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Rebordáns, Ceip Guillarei, e Cpr Sta María Maristas, levaron a cabo a Aloiada 17 disfrutaron de dous días de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia,

Dita actividade estivo destinada os/as 250 alumnos/as de 6º de Educación Primaria de seis centros educativos.

1ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 16 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubriremos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Unha nova aventura na que disfrutamos moito cos novos colexios participantes que esperamos repetir o vindeiro curso. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.

Moitas grazas a todas ao Concello de Tui e a todas as entidadades que fixeron que esta actividade fose posible.

     
     
     
     

 

 

CURSOS DE VERÁN DE PIRAGÜISMO

 Piragüismo Cursos de Verán

Xullo- Agosto

Instalacións Club Kayak Tudense

 O Club Kayak Tudense, organiza nas quincenas de Xullo e Agosto, en horario de 10:00h a 12:00h , Cursos de Verán de Piragüismo, para nen@s entre 8 e 13 anos, nas instalacións do Club Kayak. Todos os interesados poderedes contactar co club no telefóno: 669219912.

 

Animamosvos a probar e disfrutar de todos os deportes e posibilidades que vos ofrece o Río Miño. A ben seguro, o ides pasar moi ben.

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui,

 No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O pasado 17 de maio de 2017, coma todos os anos, a Federación Galega de Balonmán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo celebrou o Balonmán na Rúa. Un ano máis, este evento tivo como sede na cidade de Vigo, concretamente na zona do Areal, en horario de 10:00 a 18:00 horas.

Alí estiveron @s alumn@s do noso colexio que forman parte do Club Balonmán Tui, nos equipos Benxamín e Alevín.

Uxía Soliño quixo compartir con nós a medalla que conseguíu co seu equipo

Noraboa a todos!.

 

 

CAMPIONAS DE EUROPA

A SELECCIÓN FEMENINA DE BALONCESTO CAMPIONA DE EUROPA

A selección feminina absoluta de baloncesto proclamouse campiona de Europa por terceira vez na súa historia.

Facendo un partido final contra Francia para enmarcar tanto en ataque como en defensa esta xeración acada a súa quinta medalla nos últimos 5 anos.

Ouro no Eurobasket 2013, prata no mundial 2014, bronce no Eurobasket 2015, prata na Olimpiada de Río 2016 e ouro Eurobasket 2017.

Apoiemos máis ao deporte femenino que tantas alegrías nos está dando.

Noraboa campionas!!!

 

 

CAMPUS URBANO

7 CAMPUS URBANOS ANIMATUI

ANIMATUI está organizando o seu 7º campus urbano para os meses de xullo e agosto.

Está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, o horario é de 9:00 da mañá a 14:00 horas, puidendo quedar no comedor ata as 16:00.

Organizan diversas actividades deportivas, lúdicas, obradioros....para que os nenos en nenas o pasen ben e disfruten das vacacións de verán.

EXHIBICIÓN DE JUDO

EXHIBICIÓN DE JUDO

O vindeiro sábado 17 de xuño, terá lugar, as 10:00 horas no pavillón novo de Tui, unha exhibición de Judo. Nela participarán tódolos nenos e nenas que participan nesta actividade extraescolar, para amosarnos o moito que aprenderon e o ben que se lles da.

Animádevos a ir a velos e a animalos.

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN EN TUI

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello.

Para máis información preme aqui

Tedes a ficha de inscripción premendo aqui

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 27 de maio contra o equipo de Salceda.

Os parciais foron: C.B.Tui- Salceda: 9-5/8-8/3-5/11-8

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

CLUBE RIBEX DE TUI

O Club Ribex de Tui, gaña o Trofeo Rosaleira.

O pasado domingo día 28 de maio, tivo lugar o Trofeo Rosaleira, o Cuarteto de Ribex coa coreografía “ Fobia”, proclamouse campeón do mesmo. Neste cuarteto participa Patri de 6ºC.

Na mesma xornada o equipo Xuveníl show pequeño, coa coreografía “ Para siempre”, tamén se proclamou campeón no mesmo torneo e na súa categoría.

Aquí vos deixamos video e fotos para que disfrutedes do ben que o fan e as gañas e ilusión que lle poñen. Noraboa campionas, e un noraboa especial a Patri.

Información facilitada pola familia de Patricia de 6ºC. Moitas gracias

VOLUNTARIOS

Equipo de Voluntarios do Ceip Nº2 de Tui, no V Triatlón de Tui.

 

O pasado sábado 27 de maio de 2017, tivo lugar en Tui o V Triatlón Concello de Porriño. Nesta modalidade deportiva os atletas tiveron que realizar, natación no Río Miño en Tui, carreira en bicicleta dende Tui ata Porriño e remataron con carreira a pé no Concello de Porriño.

Para que  a proba se desenvolvese de un xeito adecuado, o Ceip Nº2 de Tui, colaborou na proba con un grupo de voluntarios formado por alumnos de 6º. Unha forma solidaria e importante de axudar e colaborar nas probas deportivas do noso concello, concienciándonos de que tan importante é a labor das persoas que participan como das persoas que forman parte da organización.

A nosa noraboa a este grupo de voluntarios, que coa axuda e ilusión, facilitaron o desenrolo do Triatlón.



by Dr. Radut