Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

CALENDARIO 2010

Aquí está o calendario do 2010 elaborado polo alumnado baixo a coordinación de Normalización Lingüística:

 

O 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO NO FARO DE VIGO

O pasado domingo 20 de decembro, no Fardo de Vigo na sección da comarca do Condado, saíu información sobre o acto do 40º aniversario do colexio, celebrado o pasado 18 de decembro en Ponteareas.

 

Tamén saíu ampliada a información sobre os 40 anos do colexio no Suplemento do Condado Paradanta do sábado 26 de decembro.

NOVOS CONTIDOS NA BITÁCORA 40 REMEDIOS

Xa está subido o programa do acto celebrado o 18 de decembro á bitácora dos 40 anos.

Podes acceder á bitácora dende o enlace que hai nesta web.

RADIO FALADORA 39

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o programa nº 39 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido no colexio hoxe martes 22 de decembro de 2009:

http://www.box.net/shared/0clurxovb9

IMPORTANTE ASISTENCIA AO ACTO DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO

Este venres 18 de decembro de 2009 celebrouse no Salón Restaurante "El otro mundo del Tea" de Ponteareas cun notable éxito de asistencia. Proximamente subiremos á bitácora 40remedios documentos sobre este acto, que resultou moi emotivo.

II CARREIRA PEDESTRE DO MAGOSTO

Logo de ter que aprazar esta carreira varias veces por mor do mal tempo, por fin este martes 15 de decembro puidemos celebrar a II Carreira Pedestre do Magosto, na que participou todo o alumnado do colexio. Fixéronse carreiras por cada nivel e ao final entregáronse medallas aos tres primeiros alumnos e ás tres primeiras alumnas de cada nivel.

Foi moi divertido para todos/as.

CONTA ALGO SOBRE O COLEXIO

Si foches alumno/a ou mestre/a do colexio cóntanos algunha anécdota da túa estadía no colexio.

Podes facelo enviando a historia ao colexio.

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Este venres 11 de decembro entregáronse os agasallos do Concurso de Relatos de Medo, organizado polo Equipo de Biblioteca do Colexio. Nel participaron alumnos/as do noso Centro.

Os gañadores foron:

SARA 3ºA
NURIA 4ºB
LUANA 4ºC
IVAN 5ºA
GABRIEL 5ºB
DIEGO 6ºA
NOELIA 6ºC
Tamén se entregaron agasallos a todos os participantes.

NOVOS ARTIGOS EN ORIENTAREMEDIOS

Visitade o blog orientaremedios e alí podedes ver novos artigos dentro da nosa Escola de Familia Virtual, sobre temas de moita actualidade.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DE MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO

Como acto central da celebración do 40º aniversario do noso Colexio para o alumnado, este 10 de decembro de 2009 Migallas teatro representou o seu espectáculo pedagóxico musical Canta connosco, tendo un importantísimo éxito entre o alumnado asistente.

Asistiu todo o alumnado do colexio, distribuído en dous pases. De seguido podedes ver algunhas imaxes do acto.

 


 

Distribuir contido