Actos conmemorativos
O 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO NO FARO DE VIGO
O pasado domingo 20 de decembro, no Fardo de Vigo na sección da comarca do Condado, saíu información sobre o acto do 40º aniversario do colexio, celebrado o pasado 18 de decembro en Ponteareas.
Tamén saíu ampliada a información sobre os 40 anos do colexio no Suplemento do Condado Paradanta do sábado 26 de decembro.
NOVOS CONTIDOS NA BITÁCORA 40 REMEDIOS
Xa está subido o programa do acto celebrado o 18 de decembro á bitácora dos 40 anos.
Podes acceder á bitácora dende o enlace que hai nesta web.
IMPORTANTE ASISTENCIA AO ACTO DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO
Este venres 18 de decembro de 2009 celebrouse no Salón Restaurante "El otro mundo del Tea" de Ponteareas cun notable éxito de asistencia. Proximamente subiremos á bitácora 40remedios documentos sobre este acto, que resultou moi emotivo.
EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DE MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO
Como acto central da celebración do 40º aniversario do noso Colexio para o alumnado, este 10 de decembro de 2009 Migallas teatro representou o seu espectáculo pedagóxico musical Canta connosco, tendo un importantísimo éxito entre o alumnado asistente.
Asistiu todo o alumnado do colexio, distribuído en dous pases. De seguido podedes ver algunhas imaxes do acto.
10 DE DECEMBRO: ACTO DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO PARA O ALUMNADO DO MESMO
O xoves 10 de decembro, para conmemorar o 40º aniversario do noso colexio, o grupo MIgallas actuará no colexio para o alumnado actual do mesmo, cun espectáculo didáctico musical.
Esperamos que o alumnado disfrute desta actuación.
40remedios.blogia.com a Bitácora dos 40 anos do noso colexio
Acabamos de crear unha bitácora na que van aparecer diversas informacións e imaxes sobre os actos do 40º aniversario do noso Colexio.
Nela podes deixar o teu comentario sobre os 40 anos de historia do colexio.
Podes ir a el dende esta web ou entrando directamente na bitácora http://40remedios.blogia.com
CHARLA DE EXMESTRES/AS DO COLEXIO
O martes 12 de maio de 2009 foi unha sorte estar con varios compañeiros/as que representan aos primeiros profes do colexio.
É difícil atopar a moitos deles e a algúns dos que chamamos non puideron vir .Pero esta foi a primeira xuntanza e se alguén quedou sen avisar, contamos coa presenza e a axuda de todos/as para poñernos en contacto cos que faltan e ter unha grande festa en decembro.
Os exmestres/as participantes na mesa foron:
Victor Sobral Mera, natural de Ponteareas,estivo no colexio dende o curso 69-70.
Tamén daba clases na Granxa Escola e Areas.
Traballou no centro ata que foi Delegado de Cultura en Pontevedra no período preautonómico.
Algúns dos seus fillos estudaron no noso cole e na actualidade tamén son docentes.
Concepción Alfaro Gil, natural de Ponteareas,estivo no cole dende o curso 69-70 ata a súa xubilación.
Conchita sempre foi paciente ,pacífica e xenerosa
Unha das súas fillas tamén é mestra.
Conchita vive en Canedo , a zona mais tranquila de Ponteareas , moi poucas veces baixa ao centro por iso
é unha sorte tela esta tarde con nós.
Mª Esther Montero Couñago, natural de Ponteareas, estivo no colexio dende o 69-70.
Trasladouse a Vigo e na actualidade está entre Ponteareas , Porriño e Vigo disfrutando dos seus fillos que tamén foron alumnos nosos e dos seus netos,dous deles están no cole.
Ubaldo Bautista Bugarín, natural de Prado Ponteareas, chegou de moi novo ao colexio no curso 72-73, e por certo din os seus compañeiros que lle tocou un curso ben difícil...
Despois de moitas voltas volveu ao colexio fai dous ou tres cursos...pero non quixo quedarse pois agora ten outros asuntos que tratar .
Ofelia Gonzalez Otero é natural de Fiolledo (Salvaterra de MIño).
Cando chamamos a Ofelia para que asistira a charla pois estivera no colexio no curso 72-73, indicounos que xa estivera no curso 69-70 pois era a mestra de Moreira, que foi unha das primeiras parroquias que se agruparon.
Estivo en Muros, en Cádiz e de novo en Ponteareas no cole ata fai un par de anos.
Amelia Gonzalez Rodríguez , natural das Neves.
Chega dende Andalucia esta mestra moi nova...no curso 72-73 e aquí quedou traballando ata fai dous cursos, estando no CEIP Bouza Brey nestes últimos anos.
Amelia é Marila, é a profe de Ximnasia, é a encargada do comedor,é a forza, o entusiasmo e cando había algún problema..._Imos falar con Doña Amelia...
Bernardo Freijedo Alvarez, natural de Piñor en Ourense, despois da súa andaina por Asturias, chega a Ponteareas no curso 73-74 e aquí quedou ata o 2005-06 entre outras cousas por celebrar un matrimonio pedagóxico que tanto se levaba daquela.
Os seus fillos tamén estudaron no noso cole e na actualidade dedícanse a docencia.
RESULTOU UN ACTO EMOTIVO E MOI AGRADABLE PARA TODOS OS ASISTENTES.
RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE GRAFFITI DO 40º ANIVERSARIO DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
Comunicamos que este concurso quedou deserto.
SESIÓN DE CONTACONTOS NO COLEXIO
ACTIVIDADES PARA FESTEXAR OS CORENTA ANOS DO C.E.I.P. NOSA SRA. DOS REMEDIOS.Venres 3 de abril de 2009. CONTACONTOS PARA E. INFANTIL E 1º CICLO DE E. PRIMARIA.
O venres día 3 de abril Servando Barreiro xunto ao seu inseparable acordeón e a súa interminable imaxinación ofrecéronnos un inolvidable peche do segundo trimestre para todos os alumnos/as de E. Infantil e 1º ciclo.
Esta actividade está enmarcada dentro das que se organizarán para festexar o 40ª aniversario da nosa escola.