Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

ALBERTO RODRÍGUEZ BOENTE, DE 2º B GAÑADOR DO 1º CICLO NO CONCURSO DE RECEITAS DO CEIP FRAGA DO REI

O gañador de 1º ciclo do XIII Certame Literario CEIP Santiago de Oliveira foi Alberto Rodríguez Boente de 2ºB. Este ano o xénero literario elixido foi a receita non convencional. O título da receita gañadora foi: " Receita para namorar".

 

Queremos felicitar a este alumno polo seu premio.

 

ACTOS DE GRADUACIÓN DE INFANTIL E DE PRIMARIA

Este venres 21 de xuño de 2013 celebramosos actos de graduación para o alumnado de 6º de E. Infantil e para o alumnado de 6º de E. Primaria.

O acto de Infantil levouse a cabo a partires das 12.00 horas na zona común do edificio de E. Infantil e o acto de graduación de Primaria  a partires das 19.00 horas no comedor do colexio.

A asistencia a estes actos por parte das familias foi moi numerosa e o alumnado participou moi activamente nos mesmos.

FESTIVAIS DE FINAL DE CURSO

Este mércores 19 de xuño celebramos no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo a partires das 10.30 horas o Festival de final de curso de Educación Infantil, no que actuou todo o alumnado desta etapa, baixo a coordinación e dirección da mestra de Música Lucía Groba..

Por outra banda, o xoves 20 de xuño celebramos, tamén no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo, a partires das 10.30 horas, o Festival de Final de curso de E. Primaria, no que houbo actuacións de todo o alumnado desta etapa, tamén baixo a coordinación e dirección da mestra Lucía Groba.

Houbo asistencia masiva das familias e o alumnado pasouno moi ben durante os festivais.

A VIII CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL TODO UN ÉXITO

Hoxe venres celebramos a VIII Convivencia de Educación Infantil na que participaron o alumnado, profesorado e familis de Educación Infantil do noso colexio e das Escolas de Pías e Ribadetea.Os alumnos/as tiveron 18 actividades diferentes polas que foron pasando ao longo da mañá.Agradecemos a todos/as que participaron e traballarton para que esta xornada de convivencia fora todo un éxito.

O MAGOSTO NO COLEXIO

Este venres 9 de novembro festexamos no noso colexio o Magosto, como remate das actividades de outono. Participou todo o alumnado e profesorado do colexio. Fixemos unha fogueira con bullo e con castañas no medio, ao xeito tradicional e ademais asamos moitas máis castañas que trouxeron os alumnos e alumnas.


 

O SAMAIN E O HALLOWEEN NO NOSO COLEXIO

Nos últimos días de outubro e nos primeiros de novembro estamos a celebrar no colexio o Samaín e o Halloween.

CELEBRADOS O VENRES 22 DE XUÑO OS ACTOS DE GRADUACIÓN DE E INFANTIL E DE E PRIMARIA

Este venres 22 de xuño ás 12.00 horas celebrouse no edificio de Infantil o acto de graduación para o alumnado de cinco anos. A asistencia por parte das familias foi moi alta e aos alumnos/as entregáronselles diversos detalles: diploma, orla e un agasallo da ANPA.Os alumnos/as recitaron unha poesía e proxectouse unha presentación con imaxes dos tres cursos.

 

Pola tarde, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo celebrouse o acto de graduación para o alumnado que remata a Primaria. Houbo asistencia masiva enchéndose o auditorio. Houbo as actuacións musicais da mezosoprano Iria Rodríguez Cuevas e do coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios. Os alumnos/as de 6º interpretaron unha obra de teatro e unha peza de monicreques. Entregáronse diplomas, orlas, o pin do colexio, un agasallo da ANPA e un CD con dúas presentacións elaboradas polo profesorado.

Foi un acto moi emotivo.


1 DE XUÑO: VII XORNADA DE CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este venres 1 de xuño durante a mañá vaise celebrar no noso colexio a VII Xornada de Convivencia de Educación Infantil, na que participan moi activamente profesorado, familias e alumnado. Vai ser novamente un día de diversión para o alumnado de E Infantil, que vai poder percorrer diversos obradoiros e exhibicións que de seguro lles van gustar.


En vindeiros días informaremos sobre o acontecido nesta xornada.

Distribuir contido