Skip to main content

PROVOCACIÓN

COSTURA PARA AS PEZAS SOLTAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas

Dentro da Biblioteca Humana, do programa Lectura e Familias,

nesta ocasión visítanos Thais! Faino cun obradoiro de costura

para crear unhas camas para as nosas personaxes das pezas soltas.

A ilusión e a emoción na confección, do que se pode conseguir con

anaquiños de tea foi inmensa, nuns días farán os coxíns!!

 

 

 

 

 

PEZAS SOLTAS TRANSFORMACIÓN #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas

Gracias a unha familia agrandamos a cantidade de pezas soltas

que tíñamos. Fixemos unha transformación coloreando

as pezas e hai un obxectivo. Estas personaxes convertiranse

nas protagonistas dunha provocación, que de seguro será

de deleite da rapazada. Crear xuntos é un pracer!

Este tan só é o comezo!

 

 

 

 

 

PROVOCACIÓN DO XOGO Á ESCRITA #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sendo o motor da actividade o libro "Un año en el bosque"

de Emilia Dziubak creamos unha nova provocación neste caso

referida ao inverno. Como é o bosque en xaneiro e en febreiro?

Imos descobrilo xogando, argallando e resolvendo un encrucillado.

Ven trebellar no espazo argalleiro!

 

Encrucillado de @moonima.

 

 

 

Distribuir contido