Skip to main content

OBRADOIRO

LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa

"Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento

de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar.

Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto

ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa

participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira.

Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!

Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia,

a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.

Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego.

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!

 

 

 

OBRADOIROS DO ALUMNADO -#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Uxía agasallounos cun obradoiro de marcapáxinas!

Ela cubriú a solicitude para levar a cabo un obradoiro voluntario,

sen deixar ningún apartado.

Posteriormente fixo o seu cartaz co asesoramento do equipo de biblioteca.

Colgouno ca cortiza xunto a un cadro para apuntarse.

Orgullo de rapazada que temos que amosa autonomía e bo facer!

Parabéns Uxía!

 

 

 

Aprendendo a facer mándalas! #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O noso alumnado ten unha chea de talentos que non dubidan en compartir e, nesta ocasión puidemos disfrutar con Carla dun obradoiro de mándalas moi entretenido no que traballamos esta fantástica técnica artística que axuda a relaxarse, fomenta a creatividade e moito máis. Se vos animades, vos deixamos tamén este descubrimento: Mandala Creator, unha web onde podedes deseñar as vosas propias creacións. 

 

OBRADOIRO LETTERING - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o segundo obradoiro deseñado polo noso alumnado.

Julia agasallou o alumnado cun obradoiro de lettering.

Cando ao alumnado se lle ofrecen responsabilidades, responde con cousas tan fermosas coma esta.


Foi a primeira en apuntarse á convocatoria de obradoiros e faladoiros do alumnado

e tivo unha aceptación inmensa. Foi unha ledicia ver o ben que explica e o disfrute

dos seus compañeiros e compañeiras, que realmente están facendo caligrafía,

pero dun xeitos moi especial.

Igual que o resto de alumnas e alumnos formadores seguiú tódolos pasos requeridos.

Aquí unhas imaxes que constatan o ben que o pasaron, canto aprenderon e

un vídeo que amosa que as cousas necesitan un tempo para consolidarse.

 

OBRADOIRO COMECOCOS - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o primeiro obradoiro deseñado polo noso alumnado.

Elena agasallou o alumnado cun obradoiro de comecocos.

O primeiro paso foi cubrir a solicitude e explicar o seu obradoiro,

material necesario, número de persoas que podían asistir...

Entregou a solicitude e puxémoslle unha data para realizar a formación e un selo.

Antes de chegar o día fixo o cartaz, nun ordenador da biblioteca, e unha cunha táboa para apuntarse.

Imprimimos e pegamos o cartaz no corcho dos avisos. Así a xente que o desexou puido apuntarse.

Elena, desenvolveu un obradoiro que todas e todos gozaron.

Soubo expoñer estupendamente os pasos para realizar a manualidade.

Estamos ledos de empoderar ao noso alumnado!

A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro.

Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro.

Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira.

Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento,

e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, 

a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo,

só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur.

Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.

Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra.

Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar

con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.

 

Compartindo experiencias con Percebiño!

As vacacións sempre son época de historias e anécdotas que estamos querendo contar á volta polo que organizouse un pequeno obradoiro de Cartas a Percebiño, a nosa mascota, que está encantado de ler sobre todas esas grandes aventuras que viviron! O alumnado traballou sobre diferentes modelos de carta aproximándose así a esta bonita forma de compartir a súa realidade cós demáis.

 

 

 

 

 

Diferentes formas de falar!

O pasado día 3 de decembro celebrouse o día internacional das persoas con discapacidade e quedounos pendente falarvos dun marabilloso obradoiro que se levou a cabo nunha das salas da nosa biblioteca. O Departamento de Orientación preparou unhas actividades xeniais para o alumnado de Educación Infantil sobre outros linguaxes: a lingua de signos e os pictogramas. Así, nenas e nenos puideron coñecer un pouco máis sobre ambas e incluso formas as súas propias frases empregando pictogramas!

 

 

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Un mércores calquera na hora do recreo isto estaría a acontecer...

E isto voltará a suceder, pero polo momento, imos facer unhas propostas para reciclar, facendo manualidades dende a casa.

 1º- Quebracabezas con vasos ou tapas: Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico,

vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. 

É unha proposta de Olga Patiño Abeixón.

2º "Orig Melra" Poesía e origami da man de Victor Rodríguez.

No tempo de botar o liño,
agachado na silveira,
canta o melro melriño
a vida da Primaveira.

Se chove, chove amodiño
sobor da flor das cerdeiras.
¡E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!

Poema de: Manuel María (Terra Chá, 1954)

Música: “Brincadeira” de Begoña Riobó e Xosé Liz

Ambas publicacións de Aulas Galegas.

Podedes compartir as vosas creacións a través de:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Distribuir contido