Skip to main content

#bescolaresgalAbertas

PAPIROFLEXIA E CORONAVIRUS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Hoxe compartimos a historia creada por Loida Fernández.

Agardamos que vos guste.

  

 

E se vos atrevedes a facelo...compartide!

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

BAILAMOS CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Hoxe toca un pouco de baile, pero teredes que inventalo vós.

Que tal se ideades unha coreografía para o retrouso da canción "Ua, ua, ua!" de Percebiño!

Podedes mover as mans, os pés, dar unha volta, un chimpo...

 

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

A NOVA VIAXE DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

A introducción da actividade de hoxe semella un novo capítulo do conto recén publicado. Pois a decir verdade, viaxe o que se dí viaxe entendido como o movemento dun lugar a outro podería ser. E todo isto por arte de maxia da nosa biblioteca escolar e a vosa axuda, por suposto. Entre todos imos facer que Percebiño viaxe por todos os sitios que se vos ocurran. 

Preguntarédesvos como. Aquí vai a explicación da proposta de hoxe:

 

1. O primeiro que temos que facer é proporcionarlle ao noso percebe favorito un medio de transporte, que polo que podemos supoñer, no que máis lle presta viaxar pode ser un barco.

Xa temos o primeiro paso: construír un barco de papel.

 

2. Cando teñamos o barco feito, metemos nel a Percebiño, e facémoslle unha foto. 

 

3. O último paso pode ser o máis complicado: decidir onde imos mandar a Percebiño.

Premede na imaxe para comezar a tarefa. Se precisades axuda, podedes acceder ao vídeo titorial que atoparedes un pouco máis abaixo.

Ao entrar dádelle a EDITAR.

 

 

 TITORIAL GOOGLE MY MAPS:

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño?

Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...

 

 

 

 

Diego e Quique regaláronnos a súa obra.

Recordade nomealos sempre que a empreguedes.

Hai que respectar sempre os dereitos de autor.

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

karaoke Ua, Ua, Ua! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Hoxe toca cantar karaoke e que mellor que co noso karaoke de A viaxe de Percebiño!

Veña queremos escoitarvos dende todas as ventás!

VENRES DA SEMANA DO LIBRO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Desfrutáchedes coas aventuras de Percebiño? Seguro que si.

Moitísimas gracias a Diego e a Quique por tanta creatividade, e a Tonino pola súa colaboración artística a través da música.

No seguinte vídeo podedes ver a semente, de donde naceu a historia da viaxe de Percebiño.

 

 

 

 

 

 

Rematamos a semana xogando.

Si, hai que premer na imaxe.

 

 

 

Permanecede atentas e atentos porque moi prontiño amosaremos os vosos vídeos e as vosas fotos cos libros favoritos.

FELIZ DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR #euquedonacasa #bescoaresgalabertas

 

 

Preme no rectángulo da imaxe situada baixo este pequeno texto para acceder ao conto.

Na parte superior atoparás a imaxe dun libro,

preme e escolle deslizar para poder ir vendo a historia de Percebiño páxina a páxina.

 

 

 

 

 

 

Debaixo destas palabras podes descargar as ilustracións de Percebiño para colorear.

 

FALTA 1 DÍA! #euquedonacasa #besclaresgalabertas

FALTA 1 DÍA!

 

“A ver, a ver…Cantos debuxos ten este conto?”

Cantas veces faríamos iso ao abrir un libro?

E cando lemos un conto aos nenos e nenas na escola…pois cando lemos un conto, sempre hai unha voz miúda polo medio que pregunta: 

-A ver…lo enseñas?

Os ilustradores, eses grandes artistas que poñen imaxes ás palabras. As imaxes…o poder das imaxes…Aquela expresión que di: “Unha imaxe vale máis que mil palabras” ás veces resulta certa. En todo caso hai que saber contar moi ben as cousas para que reflictan exactamente o que queremos decir, e coas imaxes podemos velo con un só golpe de vista. Aí o grande traballo dos ilustradores…facernos ver nun abrir e pechar de ollos exactamente aquilo que din os textos escritos.

Hoxe, terceiro día da nosa Semana do Libro, abriremos as nosas portas virtuais a outro artista: Diego Cheda, debuxante da nosa mascota da biblioteca. Sen dúbida algunha, na súa cabeza hai un espazo ben recollido onde foi gardando centos de imaxes de cómics ao longo da súa vida, imaxes das que bota man cada vez que fai unha das múltiples ilustracións de Percebiño.

Hoxe temos e tedes a sorte de contemplar como é o proceso do traballo que fai. Mirade, tomade nota, aprendede e intentade debuxar…

 

 

Certo que as mans de Diego gozan dun talento especial para facernos ver exactamentente que é o que Percebiño sinte en cada momento.

 

E agora, a proposta de actividade de hoxe: 

Preme na imaxe para xogar.

FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa

FALTAN 2 DÍAS!

 

Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias.

E falando de retallos…

Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra…

Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?…

Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen.

Sucederá o mesmo coa música que cos textos?

Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.

 

E agora, a actividade para o día de hoxe:

 

Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos?

 Pincha na imaxe

Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado.

FALTAN 3 DÍAS! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 FALTAN 3 DÍAS…

 

Seguro que a moitos vos gusta o recendo a libro novo…

É posible que alguén dos que estades lendo este blog algunha vez mercárades, ou vos regalaran, ou vos trouxeran os reis un libro. Pode ser que abrírades ese libro, que lle botárades unha ollada e despois tomárades a decisión de poñervos a ler, ou pedir que volo leran. Que lindo atopar historias novas!… Historias das que roubar palabras para facer outras historias…a veces incluso esas historias pasan a formar parte das nosas vidas, e contámolas, ou puidera ser que ata as cantáramos. 

Pode ser que algunha vez aquel libro novo pasara a ser o noso libro preferido…

 Puidera ser…

 

 Hoxe, por ser o primeiro día da Semana do Libro e os dereitos de autor, a nosa proposta é a seguinte:

 

Seguramente a Percebiño lle guste saber cales son as vosas preferencias para adquirir fondos para a biblioteca e por iso nos gustaría que nolas fixérades chegar.

 

 Cómo?

  • Facendo unha fotografía co libro que máis vos guste, caracterizados coma o voso personaxe favorito.
  • Facendo un pequeno vídeo no que representedes a vosa escena preferida.

 

Deixamos varios exemplos: 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Gracias

FALTAN 6 DÍAS! #EuQuedoNaCasa #bescolaesgalAbertas

FALTAN 6 DÍAS…

 

Estes días recibimos un díptico da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, no que se convidaba a celebrar o Día do Libro.

 

Dende a biblioteca escolar “Carlos Labraña” queremos dar a esta celebración unha importancia especial, porque temos algo moi importante que publicar este ano o 23 de abril…

 

E pensando todo isto, pasóusenos pola cabeza aquilo de decir cal é o noso libro preferido, se é que temos un…ou varios. Pero non só iso, ás veces a ese libro marabilloso que descubrimos un día por casualidade, adicámoslle unha foto. Seguimos pensando…cantas persoas andan detrás deses libros marabillosos que fotografamos nunha instantánea o Día do Libro? 

Despois de moito pensar, chegamos a unha conclusión:

Non nos valía facer unha foto, e o certo é que non nos chegaba un día de celebración, por iso este ano imos adicar a semana enteira a vindicar algunhas das profesións que están dentro deses libros marabillosos. Así, a vindeira semana faremos un espacio especial no noso blog para aquelas persoas que se adican a escribir, a darlle mil voltas ás súas letras antes de deixalas nun libro e para aqueles ilustradores e ilustradoras que pintan e borran e repintan antes de que as imaxes fagan visible o significado daquelas palabras.

 

Día a día propoñeremos actividades nas que todos e todas estades convidados a participar.

A biblioteca queda na casa, pero abre a súa porta virtual para quen queira entrar. Non tedes que chamar…sodes sempre benvidos…

Gracias

 

BAILAMOS E PRACTICAMOS INGLÉS "CON MASAKA KIDS AFRICANA DANCING" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Estes rapaces de Masaka Kids Africana Dancing teñen moito ritmo, non paran!

E tamén nos aprenden moitas cousas do coranavirus covid-19, ese bichiño que fai que esteamos na casa.

En inglés, claro!

 

MANUALIDADES UN POUCO MÁXICAS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Estades preparadas e preparados para facer unha manualidade chea de maxia?

Precisades:

  • papel de cociña
  • rotuladores de cores
  • un recipiente
  • auga

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=554304148526624&id=100018411300002?sfnsn=scwspwa&d=w&vh=i&extid=Oi8YYJnurkKfEnsh&d=w&vh=i

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

SEGUIMOS CANTANDO!

E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS

 

 

VEÑA!

A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE.

ACORDÁDESVOS?

  

Estas serán unhas "vacacións" moi especiais. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

A equipa de Biblioteca Carlos Labraña queremos desexarvos que gocedes da familia,

estes días vannos ensinar a valorar cada unha das cousas que posuímos e que sempre demos por feitas.

Ides aprender moito da vida en moi pouco tempo.

Temos constancia de que cada un de vos está poñendo todo o seu esforzo en ser responsables.

Desexamos que continuedes así: lavade as mans, non as levedes á cara, mantédevos na casa (salvo circunstancia maior)...

Seguimos convosco, tédesnos no Facebook, no Twitter e no correo.

Podedes preguntarnos o que desexedes, conversar con calquera de nosoutras,

amosar os traballos que fixestes (sabedes que hai moitas propostas nas que podedes participar).

Desta sairemos e sendo mellores!

Contacto:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños.

Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir.

Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización

de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida).

Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.


Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.

Cidade da Cultura

 

 

Verbas de Cedeira #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Os Vagalumes necesitan da colaboración cidadá.

Antes de que esta pandemia azoutaseas nosas vidas, na aula de 4º A e en

1º de Bacherelato (Antropoloxiía e Cultura Científica) seguían co seu proxecto intercentros sobre o patrimonio inmaterial.

Estaban a recoller todas as verbas da nosa vila, preguntando aos máis sabios: as avoas e os avós.

Hoxe queremos abrir a colaboración a toda a comunidade educativa. Pois xuntos podemos crear mellor.

Trátase de poñer unha palabra propia da nosa vila e explicar o que significa.

Os nosos Vagalumes irán recollendo as vosas aportacións creando memoria colectiva.

Podedes poñer as vosas verbas nestes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Karaoke polo Medio Ambiente! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Hoxe toca Karaoke coa voz de Pakolas.

Imos mover o esquelete con Naturizo.

Canción para a serie de contos de Naturizo, da editorial Linteo.

Naturizo é un gran defensor da natureza.

É unha cria de ourizo da Serra de San Mamede.

No pdf podes descargar os debuxos para colorear.

Karaoke polos servicios básicos! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Hoxe toca Karaoke.

Que vos parece cantar para agradecer?

Gracias a todos e todas: doutoras, enfermeiros, celadoras, anestesistas, persoal de limpeza,

caixeiros, tendeiras, panadeiras, mariñeiros, peixeiros, carniceiras,

agricultoras, camioneiras, bombeiros, policias... por todo o que estades a facer.

Isto vai por vos!

Distribuir contido