Skip to main content

ARTES

OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público

co seu obradoiro de máscaras de entroido.

Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo.

O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este un de febreiro catro alumnas de 4º impartiron unha sesión de baile.

Primeiro apuntáronse na folla de adscripción e cubriron tódolos seus apartadas,

corrixindo e pasando a limpo. Posteriormente deseñaron o seu cartaz en Canva e

dada a data polo equipo de biblioteca, pasamos un tempo agradable bailando.

Ata que... a luz xogounos unha mala pasada e apagouse todo.

Quedou o obradoiro a medias, pero en breves recuperamos a sesión de baile.

 

 

 

 

 

DURANTE A LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despois da primeira parte, antes da lectura, do libro "O Principio"

que aborda o alumnado do 4º de primaria. Agora sumerxímonos

na segunda actividade, durante a lectura. A proposta comeza coa

lectura do libro, pero sen ver libro nin imaxes, sendo a titora a

contadora oral do conto. O alumnado bota man da súa sensibilidade

e creatividade para crear eles as ilustracións e realizar e na RadioExperimental

grabar as súas voces, dando unha nova vida ao mesmo conto da autora Paula Carballeira.

Historias que nos achegan a realidades moi próximas pero ao mesmo tempo afastadas,

coñecer para querer, para valorar, para axudar, para cooperar, para ser críticos, sensibles, humanos...

Agora esta historía, a historia de Paula Carballeira, Sonja Danowski e de todalas alumnas

e alumnos de 4º B voará pola biblio e polo cole e de seguro que desa semente saírá un froito.

 

 

 

Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños.

Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir.

Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización

de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida).

Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.


Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.

Cidade da Cultura

 

 

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada!

O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.

Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.


Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.

Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),

deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,

fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.


Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.

Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.

- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).

Un pracer de rapazada!

OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN

NESTE CURSO ESCOLAR, O VOLUNTARIADO FIXO UNHA PROPOSTA DE DESEÑO, ELABORACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRADOIROS.

ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ESTE TIPO DE RESPONSABILIDADES SON UNHA APOSTA CLARA PARA MEDRAR E MADURAR. ASÍ QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DEULLE PARA ADIANTE Á INICIATIVA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS.

A FALTA DE DOCUMENTACIÓN NA FASE DE ELABORACIÓN DOS OBRADOIROS NON NOS PERMITIU PUBLICAR OS ANTERIORES, PERO O QUE AGORA SE AMOSA NON É O PRIMEIRO NIN SERÁ O ÚLTIMO.

HAI QUE TER PRESENTE AS DIFICULTADES NA POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO, ESTE ALUNADO TIVO QUE SENTAR E POÑERSE DE ACORDO NO QUE REALIZAR, FACER BOCEXOS E PROBAS PARA CONTROLAR OS TEMPOS, FACER LISTADOS DE MATERIAIS NECESARIOS, PREPARAR CARTACES PARA PUBLICITALO E CADROS DE APUNTAMENTOS PARA AS NENAS E NENOS AOS QUE ÍA DIRIXIDO O OBRADOIRO E XA CONVOCADO LEVALO Á PRÁCTICA.

ESTAS SON AS EVIDENCIAS DO SEU TRABALLO.


NESTA OCASIÓN, ANDREA, UXÍA E LARA, SORPRENDÉRONOS CUN OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN!


PARABÉNS RAPAZAS!

Distribuir contido