Skip to main content

HISTORIA

CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO - LIBRO HUMANO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este mércores 29 de maio contaremos cunha persoa

libro que nos enche de emoción. Tom Leimdorfer contará

a súa vivencia durante o Holocausto en inglés e a súa filla Karen

irá traducindo ao galego. Mentres narran irán situando ao alumnado

no periódo histórico e sitúando xeográficamente. Nesta ocasión asistirá

o alumnado de sexto de primaria, pero ao igual que noutras ocasións

estará aberto ao público. Unha historia verdadeira da

vida dun avó do noso alumnado. Un libro vivo!

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO INTERCENTROS VAGALUMES - IES

O PROXECTO COMPARTIDO POLOS VAGALUMES DE 4ºA E O ALUMNADO DO IES (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACH.) DEIXA PEGADA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. FIXERON INNUMERABLES TAREFAS DE INVESTIGACIÓN XEOLÓXICA CENTRADA NA CAPELADA. NESTES VÍDEOS AMOSAN O PESO DUN PROCESO NECESARIO PARA DESCOBRER, RESOLVER E APRENDER UNHA MOREA DE INCÓGNITAS QUE SE PLANTEXARON AO COMEZO DA INVESTIGACIÓN.

DOCUMENTACIÓN: o alumnado acude á Biblioteca Carlos Labraña para solucionar dúbidas, algúns acuden tamén á Biblioteca Municipal López Cortón. En ocasións cubren datos nunha ficha co obxectivo de crear unha mecánica na busca (salas, coñecer CDU, tejuelo,...) e localización.

LIÑA DO TEMPO: Coñecida e traballada a información na aula, estruturan a máis importante nunha liña do tempo que decoran polos corredores dos pasillos fronte á aula.

NOVAS TECNOLOXÍAS: A escola ten que ir coa sociedade, sería inviable investigar como fai 20 anos, a sociedade actual está inmersa nas tecnoloxía e posiblemente sexan unha das actividades máis motivadoras para as pequenas e os pequenos. A escola ten a obriga de ensinar a utilidade educativa que escornabots, ipads... poden ofertar ao alumnado.

DRAMATIZACIÓN E MINI AVALIACIÓN: Xogar a ser para aprender. O alumnado convértese en paleontólogos e paleontólogas e busca diferentes fósiles. Achados, teñen que limpalos e avisar ao capataz ou capataza para que xuntos cubran a ficha paleontolóxica, onde serán avaliados dos coñecementos aprendidos. Poñerán o lugar do achado, a peza, a era á que corresponde, se era de mar, terra ou aire... Agradecer a colaboración de Belén e Andy, pois sen a súa colaboración sería complicado realizar todas as tarefas nese tempo.

Neste inicio do proxecto realizaron outras moitas actividades, por exemplo interactivos coas familias sobre o proxecto, saídas con todo o alumnado á Capelada para recibir máis documentación da man de Francisco Canosa e Jorge Bellón...

ESTE PROXECTO AÍNDA ESTÁ EN PROCESO E POUCO A POUCO PUBLICARASE MÁIS INFORMACIÓN.

XUNTOS SOMOS MELLORES!

Distribuir contido