Skip to main content

BIBLIOTECA INCLUSIVA

CHAVEIROS AO FORNO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Alumnado de 2ºB lanzouse a unha actividade de xoiería

pero na cociña da biblioteca! Realizaron uns chaveiros moi

divertidos cun plástico máxico apto para o forno.

O resultado foi inmellorable!!

 

 

 

 

 

 

 

APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O alumnado do 6ºC desprazouse ata o taller no que traballa Apader

(Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde

realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de

creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende

pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,

creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de

intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.

Cousas bonitas que medran.

Agradecer á asociación o seu recibimento e atención.

 

 

 

PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra.

Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden

verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte

levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube,

e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar!

Parabéns á rapazada e ao seu guía!

 

 

 

 

 

 

MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas

de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!!

Agradecer ás familias a súa colaboración!

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - XUXA CON MONIQUE E NOA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Monique, a mamá de Noa,  veunos amosar unha canción de Xuxa.

Actriz e cantante que marcou a súa infancia.

Aquí podemos escoitar a canción, que por certo, está en linguaxe de signos.

 

 

 

 

ACOMPAÑANDO Á INFANCIA - PROXECTO COMPETENCIAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

O alumnado de segundo crea frases positivas para adicarlle a

outra compañeiro ou compañeira e axudal@ a sentirse acompañado.

Unha actividade enmarcada no proxecto competencial.

 

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS CONTACONTOS CHIBOS CHIBÓNS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Familias e alumnado compartindo música e contos, tempos tenros para a infancia.

Aida Lozano e Agustín Berenguer López, agasallan ao alumnado con "Chibos Chibóns" , conto adaptado

por Olalla González, ilustrado por Federico Fernández e editado por Kalandraka.

 Agradecer á familia, a implicación e elaboración de

materiais para realizar o contacontos.

A Lúa Berenguer Lozano a incorporación de sons.

Foi moi lindo ver o que gozaron e o interese que

suscitou o movemento dos monicreques.

 

 

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos,

a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de

Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno,

outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida!

Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos,

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

NADAL INTERCENTROS #inclusión #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

O tempo de Nadal é unha época para coincidir, para convidar,

para estar xuntos e compartir o que temos con outros.

Así decidimos realizar un encontro entre o alumnado da Asociación Apader

e un dos sextos. Primeiro presentáronse, algúns xa se coñecen de coincidir pola vila,

outros xamais se viran, pero todos gozamos dun tempo xuntos realizando un

obradoiro moi doce típico do Nadal.

Ao remate, o alumnado de sexto explicoulles o funcionamento da nosa

Biblioteca Lía, non lles quedou detalle, probaron diversos recursos (ordenadores

táctiles, xogos, pantallas...) explicáronlles a CDU e quedamos en que virán facer empréstito.

Na seguinte a repazada de sexto irá ao centro de Apader

realizar un obradoiro ben chulo, que tamén ten que ver con libros!

 3 de decembro Día Internacional das Persoas con discapacidade,

todos somos iguais e todos diferentes, isto non é cousa dun día.

Por unha convivencia plena e normalizada.

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os

libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolatesgalabertas

Xa van varias reunións nos Clubs de Lecturas.

Esta rapazada empeza a viaxar sen moverse da biblioteca.

Conversan, dan opinións, falan de gustos, reflexionan...

porque ler, é moito máis que decodificar.

Gozade moito dos libros, rapazada! Deses que fan tremer, chorar,

rir, namorarse, odiar e amar... dos que nos poñen os pelos

de punta e nos fan sentir mil emocións.

 

 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE

As familias dos Vagalumes volven semanalmente

realizar os grupos interactivos na biblioteca ou na aula.

Hai cinco grupos cooperativos cun adulto que dinamiza a actividade,

encargándose de promover a participación de todo o alumnado e

asegurandose que entenden e son quen de

explicar a actividade e posteriormente, realizándoa.

Cada 15/20 fan un cambio e tódolos grupos van rotando por

tódalas actividades. Nesta semana tocou completar os ósos do

esquelete buscando a información nos fondos da biblioteca,

xogaron a comprar productos e pagalos, realizaron unha comprensión

lectora sobre a alimentación saudable, recordaron as normas ortográficas

por medio de ilustracións e traballaron os meses do ano e as estacións.

 

Para asistir a esta actividade as familias asinan uns permisos e un documento de confidencialidade.

 

 

 

 

RECREOS NA BE "CARLOS LABRAÑA" #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha biblioteca na que collemos todas e todos,

con actividades diversas e un equipo de voluntarias

e voluntarios que son peza clave na organización

e funcionamento na hora de lecer.

 

 

 

 

 

 

FESTA DA AUGA E DOS CONTOS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

En agradecemento aos contacontos da rapazada de 5°,

o alumnado de 3 anos os convida á súa festa da auga.

Que ben o pasaron, e que ben o pasamos vendoos desfrutar xuntos!

 

 

 

 

 

 

ESPAZOS DE CALMA #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este curso escolar o profesorado recibiu formación sobre diferentes trastornos,

formas de actuar, metodoloxía, accións favorables... Así nas aulas de primeiro

aproveítase un oco para crear un espazo de calma, no que rapazada poida usar

para volver a regularse. Para coñecer ese espazo e presentalo,

a rapazada crea botellas da calma.

 

 

 

 

 

FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade

aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.

Ven buscalo!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro da proposta de obradoiros e faladoiros do alumnado,

 

Lara e Nycolle ofértannos unha actividade de costura.

 

 

 

 

Distribuir contido