Skip to main content

STEAM

RECEITA E PIZZAS! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Hoxe recibimos a visita de Olga, Antonio e Jana que axudaron

a preparar unhas riquíimas pizzas. O alumnado de segundo ,en

tres grupos, foi pasando polas diversas actividades: primeiro

visionaron un vídeo de Telmo e Lula na que indican a elaboración,

despois escribiron nunha receita os ingredientes e o proceso e

xa para finalizar realizaron a pizza.

O mellor facelas xuntos e comelas quentiñas na merenda!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume.

Cunha das experiencias descobren que a masa de auga

non cambia cando cambian as formas dos recipientes.

No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza.

Calculan a densidade... Aprender facendo!

 

 

 

 

 

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller,

a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes.

Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego

dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a

través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía,

a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de

persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo,

Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor

Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.

 

 

 

 

MANUALIDADES DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Mestres e alumnado están traballando a esgalla para

facer un entroido de Banda Deseñada. Os recursos da Biblioteca Creativa

e Polos Creativos botan fume: máquinas de coser,

pistolas de silicona, teas, fíos, pinturas, cartóns...

Aquí algúns detalles.

 

 

 

 

 

 

CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos,

iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos"

un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro.

Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co

que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da

palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na

rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e

representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...).

O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros

camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis.

Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura,

con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que

se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.

Usamos a regla, medimos, trazamos,  porque é importante que o

seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que

ven incorporase ao material escolar habitual.

 

O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado

e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando

que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COSTURA FAMILIAS #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Familias e mestres se afanan na costura de entroido!

Os recursos do espazo argalleiro e polos creativos fan o seu traballo.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - O COCHERITO LERÉ #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Empezan a chegar as cancións da infancia das familias.

Aquí temos a Leire e Sofía de 2º A ensinándonos a súa canción.

 

 

 

 

 

Distribuir contido