Skip to main content

RECUNCHOS, APRENDER A INVESTIGAR, CONTOS, APRENDIZAXE COOPERATIVA, LECTURA

UN DÍA CALQUERA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

 As dúas salas ocupadas... Nunha a aula de Teresa de 4º A, investigando, aprendendo, descubrindo... Noutra os Vagalumes de 3º A, cos recunchos do xoves... Abren a porta e vese baixar unha fila de formiguiñas de 3 anos, son os peques de Raquel, queren ler un conto. Os Vagalumes os convidan a seguir, apertándose un pouco collen todos.

O traballo continúa, Raquel senta aos seus nenos e nenas e comeza o conto, "A que sabe a Lúa?", de Michael Grejniec, editorial Kalandraka, non transcorren dous minutos e as cabezas dos Vagalumes se erguen e se xiran, hai emocións no ar, recordos da nenez recen deixada, cheiros doces... Xa non hai recunchos, hai letras, contos, a atención é selectiva e está con Raquel, nas súas verbas...

Foi tan lindo o que ocorreu! Por máis días calquera.

Distribuir contido