Skip to main content

CRÓNICAS

PERDÉRONSE uns mariñeiros,

quizais no ventre do mar.

Din que están cunhas sereas

nunha cova de cristal.

Sereas que tecen nubes

cos seus beizos de coral.

Sereas que tecen bicos,

coma perlas no luar.

Naufragaron silandeiros

e perdéronse no mar.

Menos mal que esas sereas

lles prestaron un fogar.

Antonio García Teijeiro.

Foron moitas as vidas que levou o mar en Cedeira.

"Crónicas"...unha seitura de sucesos que conformaron unha escurada parte da historia da nosa vila.

Esta semana comezamos a facer entrevistas a aquele familiares que se ofreceron a aportar información neste proxecto.

Gracias!