APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal
Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Xov, 25/04/2024 - 19:38
Nesta ocasión foi o alumnado do 6ºC quen se desprazou
ata o taller no que traballa Apader (Asociación Pro Persoas
con Discapacidade Intelectual), onde realizaron guiados por
profesorado e alumnado un obradoiro de creación e
encuadernación de libretas. Unha actividade que tende
pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,
creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de
intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.
Cousas bonitas que medran. En breves, outra visita!