CADERNO DESPREGABLE INTERACTIVO - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Dom, 16/04/2023 - 12:13
O alumnado de 4º de primaria leva investigando nos fondos da biblioteca
e recollendo información oral das familias e xentes do pobo para elaborar
un caderno sobre os animais da nosa contorna.
Aquí podemos velos realizando a montaxe.
A mestra tivo a sorte de ver un niño con ovos de Píllara,
que fotografiou e levou á escola para compartir e concienciar ao alumnado
da necesidade de protexer esta especie, en perigo de extinción, que xusto
agora está na posta. Hai que ter moito coidado que os cans non se acheguen,
pois van ulir os ovos e incluso poden comelos. Como bos naturalistas,
esta rapazada concienciada difundirá a mensaxe.