FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Dom, 05/03/2023 - 13:06
Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o
profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.
Realizouse un obradoiro de creación de monicreques.
Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e
posteriormente crearon un monicreque.
Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou
como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos
aos que darlles un nome e crear, con eles, un guión para unha pequena representación.
Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado,
poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...