FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son
illas, son oasis, son espazos entornados,
silenciosos, en que podemos camiñar entre o
pasado e o futuro. Espazos que acubillan os
artefactos perfectos que nos conectan coa
eternidade.
Desde os andeis das bibliotecas os lombos
chaman a nosa atención.
Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,
nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha
imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza
creativa.
Con esa materia prima necesaria, o editor deulle
forma: alquimia.
Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e
actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección
do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria
gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os
roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar
imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.
Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.
Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.
Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez
e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial
que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.
Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros
complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,
aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso
o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca
do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.
Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre A viaxe de Percebiño!
Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!