Skip to main content

ROTEIRO POR SAN ANTONIO DO CORVEIRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS

Posted in

O alumnado de 1º de E.P. está coñecendo as parroquias da vila e quere poñer en valor o seu patrimonio.

Dado as dificultades para implicar ás familias nas actividades no presente curso escolar,

apostou por uns roteiros onde o alumnado e as familias teñen que descubrir onde se atopa agochada a mascota da biblioteca, Percebiño.

Esta actividade comeza amosando unha fotografía de Percebiño na aula virtual.

 

Atopada a fotografía teñen que mandar a súa imaxen coa mascota e ler un QR que contén unhas serie de preguntas que teñen que resolver.

Poden usar a bibliografía que desexen das bibliotecas da vila, pero valoramos moito a recollida de información oral das e dos maiores,

pois moitos deles atesouran unha documentación que non está escrita.

 

 

 

Esta actividade pretende activar outros xeitos de pasar o tempo, máis saudables e en sincronía coa natureza,

dar novas alternativas e recoller a historia, a nosa.

 

 

Un mapa da nosa vila, feito polas nenas e os nenos, baseado na beleza do de Zoraida Rodríguez García

e na exactitude dos topónimos do Diccionario de Xosé-Álvaro Porto Dapena,

recolle todo o proceso busca, recollida de documentación e difusión.

A este mapa iránselle engadindo novos roteiros con novos descobrementos.

Agradecer a participación de todas as persoas que fixeron posible esta actividade.