Skip to main content

Xaneiro 2022

CARLOS LABRAÑA VISITA A BIBLIOTECA! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carlos Labraña é unha figura de referencia en Cedeira, é dramaturgo

(aínda que non é ao único que se adica) e a nosa biblioteca leva o seu nome.

Moitos o coñecerán pola súa colaboración cos Amigos do Samaín.

Chegou o día e tivemos o pracer de escoitar e facerlle moitas preguntas.

Hoxe Carlos Labraña tivo a palabra!

Gracias por compartir o teu tempo con nós!

COÑECES A BE "CARLOS LABRAÑA"? #bescolaresgal #bescolarersgalabertas

Somos sabedores das dificultades das familias para acudir á nosa biblioteca de xeito aberto,

como antes da pandemia, debido ás restriccións. Moitas delas incorporáronse xusto neste período

e non saben nin coñecen os espazos dos que gozan os seus fillos e fillas.

Queremos poñer un pequeno parche e abrir un buratiño na Biblioteca Carlos Labraña,

así podedes ollar como é un Laboratorio Creativo de Aprendizaxe, a nosa biblioteca Lía.

Imos recuperar algúns arquivos para amosarvos...

Polo 2019 veñen gravarnos dende a Asesoría de Bibliotecas e publican este vídeo tan bonito.

Dende aquela xa choveu e a biblioteca sufriú novas remodelacións. 

Nunha das salas incorporamos ata unha cociña, si na mesma biblioteca non lestes mal, non!

Nela tamén hai uns asentos bancadas para escoitar exposicións, autores, contacontos e mesas de

montaxe rápida para realizar os obradoiros. As mestras/es e incluso alumnado deseñan

estas actividades para poder gozalas todas as semanas. É un espazo que oferta múltiples usos.

 

Tamén temos un xardín interior para ler, conversar e facer zumes de limón no verán!

A Biblioteca "Carlos Labraña" está aberta a todo o alumnado e profesorado.

Por suposto tamén a toda a comunidade educativa. Temos habilitados uns

foros para que calquera persoa que se identifique faga as súas consultas.

Tamén podedes facelo a través do correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

ou seguirnos no Facebook ou no Twitter.

Nestes cursos buscamos proxectos para ter ás familias moi presentes e achegalas o máis que nos permiten,

como é o caso da Biblioteca Humana e que vos convidamos a participar.

Confiamos que para o vindeiro curso, o burato se abra totalmente deixando que a vosa marea nos inunde

e que as portas abertas para as familias sexan a nosa nova realidade.

 

 

PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.

 

Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir

un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.

 

 

Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.

 

Unha experiencia para repetir!

 

PROXECTO: ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria continúa poñendo en valor o noso patrimonio.

O proxecto "Roteiros en Familia" iniciado o curso pasado,

pretende coñecer en profundidade a nosa vila, da man das familias e do profesorado.

É unha actividade compartida onde teñen que atopar á mascota da nosa

biblioteca, o noso famoso percebe Percebiño!

Comezaron enviando unha carta ás familias.

Posteriormente, realizaron na aula virtual un xogo de fuga,

onde conseguiron pistas para a localización de Percebiño.

No transcorrer do xogo tiñan que documentarse na biblioteca,

preguntando a algún avó ou avoa... investigando.

Aquí temos a algúns deles na localización. Chegamos a Castro Sarridal!!




En breves as súas obras... Parabéns rapazada e familias!


 

 

VOLUNTARIADO EN ACCIÓN! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O noso voluntariado de 3º,4º, 5º e 6º de Primaria continúa coas

súas funcións neste segundo trimestre: empréstito, organización da CDU,

dinamización dos espazos, colaboración e deseño de obradoiros,

acompañamento ao alumnado, propostas...

Mil gracias rapazada!!

 

CLUBES DE 5º #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os dous clubes de 5º de primaria seguen sorprendendo coa súa autonomía e bo facer.

Neste trimestre, utilizan os foros creados pola biblioteca para organizar as

súas actividades e contactar co resto do alumnado que non pertence á súa aula.

Agora, están cos ensaios dunha obra de teatro, creación de monicreques e marcapáxinas.

Admirados ante o traballo de Club "I love animals" e "Silvanian Families"!

Compartindo experiencias con Percebiño!

As vacacións sempre son época de historias e anécdotas que estamos querendo contar á volta polo que organizouse un pequeno obradoiro de Cartas a Percebiño, a nosa mascota, que está encantado de ler sobre todas esas grandes aventuras que viviron! O alumnado traballou sobre diferentes modelos de carta aproximándose así a esta bonita forma de compartir a súa realidade cós demáis.

 

 

 

 

 

ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria, Duendes, Esquíos e Vagalumes

continúan coñecendo a vila e poñendo en valor o patrimonio.

Deste xeito, continúan propoñendo actividades para realizar en familia e solventar  o non

podelas ter máis presentes aínda na aula (polas restriccións sanitarias).

Nestes roteiros, as familias teñen que  atopar a Percebiño, a nosa mascota da biblioteca,

nun lugar da vila, en calquera das súas parroquias.

Desta volta, comezan superando un xogo virtual de fuga, sobre a nosa vila.

Superado o reto, conseguen pistas para a localización de Percebiño.

Comezan presentándonos o reto.

 

CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións,

queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros.

Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade,

un experimento, un actividade de costura, reciclados...

Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas

e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda,

o mar, un conto, a recomendación dun libro...

Pasade pola biblioteca e apuntádevos!

Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!