Skip to main content

Xuño 2021

ROTEIRO POR SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO - XEOGRAFÍAS LECTORAS

Posted in

O alumnado de 1º continúa implicando ás familias nos roteiros polas nosas parroquias.

Nesta ocasión Percebiño apareceu en Santo André de Teixido

San Andrés de Teixido by Dulce

e quen por alí pasaba en pirata acababa!


 

Poñendo en valor as verbas das avoas e dos avós gravaron algunhas das súas lendas.

Este é o seu traballo, tamén podedes velo engadido no mapa que realizaron no primeiro trimestre.

Parabéns Esquíos, Duendes e Vagalumes!

Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo".

Posted in

Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). 

Xela Arias. A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia

Posted in

Relacionado coa nosa biblioteca creativa, a clase de 4ºB creou unha curtametraxe "A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia" de Xela Arias. Un proxecto de traballo onde participou todo o alumnado sendo protagonista durante o proceso, elaborando os materiais, grabando audios na radio escolar, integrando as tics coa utilización da app Stopmotion nun dos Ipads da biblioteca, etc... 

 

 

 

 

 

VIAXAMOS POLO MUNDO

Posted in

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA INICIA UNHA VIAXE PARA COÑECER A XEOGRAFÍA.

PARTEN DA NOSA VILA PARA VIAXAR POLO MUNDO.

IOGURT CON ARÁNDANOS - PRODUTOS DA HORTA

Posted in

O alumnado de primeiro colleita arándanos da horta para preparar unha sá e sinxela receita.