Skip to main content

Decembro 2017

CURRÍCULO CEDEIRÉS - "De festas pola vila"

DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA POTENCIAMOS A CREACIÓN DUN CURRÍCULO DA NOSA VILA, DE CEDEIRA.  CURRÍCULO QUE XA FIGURA NA LOMCE EN DIVERSOS ESTÁNDARES E QUE O ALUMNADO DEBE TRABALLAR. NESTE CASO É UN PROXECTO INTERCENTROS E INTERETAPAS, POIS ADEMÁIS DE PARTICIPAR O ALUMNADO DE 2º A DE PRIMARIA, NEL TAMÉN PARTICIPAN FAMILIAS E O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 2º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. ESTA É UNHA BREVE MOSTRA DO QUE LEVAN REALIZADO.

 

NADAL "De festas pola vila!"

Nesta ocasión o alumnado de 2º A celebra o Nadal cunha busca do tesouro no Museo Mares de Cedeira. 

CONCURSO DE DEBUXO E FELICITACIÓN DE ANO NOVO

O ALUMNADO PARTICIPOU NO CONCURSO DE DEBUXO PARA A POSTAL DE FELICITACIÓN DE ANO NOVO.

O PROFESORADO REALIZOU UNHA PRIMEIRA SELECCIÓN.

AS VOTACIÓNS DO ALUMNADO DECIDIRON OS DEBUXOS GAÑADORES.

 

 

 

PREMIO NO IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

ESTAMOS DE NORABOA!

O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "MARES DE CEDEIRA"

ACABA DE SER GALARDOADO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA,

EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA NO

IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS.

 

COORDINADO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR,

CONTOU COA COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

(ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO),

O MUSEO MARES DE CEDEIRA

E XENTES DA VILA QUE TAMÉN NOS QUIXERON ACOMPAÑAR.

 

PODEMOS DICIR, ENTÓN, QUE É UN PREMIO COMPARTIDO.

 

MOITAS GRAZAS POR FACELO POSIBLE

E

PARABÉNS!

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

A NOSA BIBLIOTECA ENCHEUSE DE CIENCIA EN GALEGO DURANTE O MES DE NOVEMBRO:

EXPOSICIÓN DE LIBROS,

CREACIÓN DE TECNOLOXÍA ASEQUIBLE A TRAVÉS DO PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

E CHARLAS DIVULGATIVAS POR PARTE DO ALUMNADO DE FP BÁSICA DO IES PUNTA CANDIEIRA.

 

 

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR O SABER!

VISITA DE CARLOS LABRAÑA

ESTE XOVES RECIBIMOS A VISITA DE CARLOS LABRAÑA.

ACOMPAÑOUNOS AO LONGO DA XORNADA E AGASALLOUNOS CO SEU NOVO LIBRO

"O VALO".