Skip to main content

Outubro 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

O PASADO 24 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O ALUMNADO ELABOROU NUBES DE PALABRAS

 

OS GRUPOS DE 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACUDIRON Á

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN".

E OS GRUPOS DE 6º VISITARON A BIBLIOTECA ESCOLAR DO IES PUNTA CANDIEIRA,

 ONDE XOGARON, APRENDERON E RECIBIRON AGASALLOS.

ROBÓTICA NA BIBLIOTECA

A ROBÓTICA ESTÁ PRESENTE NO NOSO COLEXIO GRAZAS AO PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

O ALUMNADO TIVO O SEU PRIMEIRO ACHEGAMENTO CUNHA ACTIVIDADE PARA COÑECER A CDU, DENTRO DA FORMACIÓN DE USUARIOS.

DISPOÑERON DUNHA PLANTILLA CON IMAXES DE PERCEBÍN REPRESENTANDO A CDU

E DE DIFERENTES IMAXES DE CUBERTAS DE LIBROS QUE ESTÁN PRESENTES NA NOSA BIBLIOTECA.

                   

                                                           PLANTILLA DA CDU, CON PERCEBÍN, PARA XOGAR COS ESCORNABOTS

 

             

ESCÓLLESE A IMAXE DUNHA CUBERTA DUN LIBRO.

DECÍDESE EN QUE NÚMERO DA CDU DEBERÍA UBICARSE.

COMPRÓBASE MIRANDO A FICHA DA CUBERTA POLO REVERSO.

DESPLÁZASE O ESCORNABOT ATA O NÚMERO/IMAXE CORRESPONDENTE.

        

                   

 

COMEZOU A ACTIVIDADE DO ALUMNADO VOLUNTARIO!

O ALUMNADO VOLUNTARIO DE 5º E 6º XA SE PUXO "MANS Á OBRA".

DURANTE TODOS OS RECREOS DO CURSO ESCOLAR COLABORARÁN NA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE RECREO.

EN QUENDAS SEMANAIS, REPARTIDAS NOS TRES TRIMESTRES, OS E AS AXUDANTES REALIZARÁN O PRÉSTAMO INFORMATIZADO, FARÁN UN REXISTRO DO USO DOS ORDENADORES, TABLETAS E ESCORNABOTS, MANTERÁN OS FONDOS ORDEADOS NOS ANDEIS,  ACONSELLARÁN AO ALUMNADO USUARIO...

ASÍ QUE VOS DAMOS AS

GRAZAS!!!

SAN ANDRÉS " De festas pola vila!"

Este proxecto intercentros e interniveis nace das Bibliotecas Escolares de Cedeira e será levado a cabo por dúas aulas: unha de primaria de 2ºA e outra de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.

O obxectivo é artellar un calendario como eixo vertebrador para situar as festas máis representativas da vila e a partir del estudar as estacións, os meses, os días...

Baixo o amparo do currículo que destaca a transmisión do noso patrimonio artístico e cultural imos tecendo redes de colaboración e participación das familias e difetentes axentes sociais.

Nesta primeira festa de San Andrés temos que agradecer a Jorge Bellón, un artesán de pés a cabeza!