BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Blogues

LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS CURSO 2012-13

ALUMNADO DE TRES ANOS EDUCACIÓN  PRIMARIA  2º NIVEL
01. SUÁREZ COSTAS, UXÍA 01. RIVERA ABAL, HUGO
02. TRONCOSO ABALDE, NICOLE
03. LORENZO PAÍS, LUCAS
04. CARIDE OLIVEIRA, MARCOS
05. CARIDE OLIVEIRA, PABLO
06. FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, ALFONSO
07. FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, SARA
08. GIL ROMERO, ROI
09. VÁZQUEZ ABALDE, SABELA
10. DA SILVA GÓMEZ, BRAIS MIGUEL
11. GONZÁLEZ COMESAÑA, AARÓN
12. IGLESIAS MOUZO, ADRIANA
13. RAÑA ARCE, HUGO
14. FIGUEROA VILA, XIANA
15. MOUZO CANTOR, FRANCISCO
16. VILLAVERDE ROCHA, IAGO
17. ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, CARLOTA
18. GONZÁLEZ ÁLVAREZ, JORGE
19. RODRÍGUEZ CASTRO, EVA
20. ALONSO FERNÁNDEZ, PAULA
21. DOMÍNGUEZ CARIDE, MARTINA
22. MOYA MERINO, CANDELA
23. BASTOS RIVEIRO, SARA
24. TIZÓN DOMÍNGUEZ, FÉLIX
25. ÁLVAREZ CAMIÑA, IAGO

 

 

MATRÍCULA 2012-13

Incorporar

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA OS NENOS DE NOVA INCORPORACIÓN

FEBREIRO 2012

 LUNS 5, MÉRCORES 7 E VENRES 9  ÁS 12:50

MARTES 6 E XOVES 8  de 17:00 a 18:00

Podedes consultar a guía de CENTROS PÚBLICOS  do Concello de Vigo, consultando o seguinte enlace

  http://www.escolasvigo.org/inicio

DATAS DO PROCESO DE MATRICULACIÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES………1 MARZO-10 de ABRIL

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS……27  DE ABRIL

RECLAMACIÓNS …………………………………….27 – 30 DE ABRIL

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS……………11 DE MAIO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ……………….20 – 30 DE XUÑO

ENTROIDO

 

Estes días pasados celebramos no noso cole a festa do ENTROIDO, votade unha ollada as fotos e video no blog de actividades complementarias  http://divermosteiro.blogspot.com/

ENTROIDO BEMBRIVE

Na semana do 13 ó 17 de febreiro celebraremos no colexio o entroido tradicional: martes fareleiro, mércores oleiro e xoves de comadres e compadres con traballos de investigación, exposicións orais e postas en práctica.

O venres 17 teremos unha programación especial para celebrar esta festividade: obradoiros, merendas, pasarrúas e festa.

Gustaríanos contar ca vosa colaboración:

  • Na merenda: Degustación de filloas, flores, orellas, feitas por vós e que todos/as compartiremos (podedes deixalas no comedor, no horario de entrada o colexio)
  • No disfraz: Sería convinte que os alumnos trouxeran o disfraz nunha percha ou bolsa co nome posto. Aquela roupa que poidan traer posta, sería aconsellable que así fose (medias, camisetas...). os alumnos de 3 e 5 anos, virán vestidos da casa pero non maquillados.
  • Na festa: As 12.30 os nenos/as comezarán a baixar para facer as fotos na porta do colexio e despois un pasarrúas polo centro. Treminaremos cunha festa-baile na pista. ESTADES TODOS/AS INVITADOS/AS. Para unha maior organización, os nenos/as entrarán nas clases para saír ás 14:00.

Recordámosvos que o sábado 25 de febreiro celébrase o entroido en Bembrive. O centro participa coas 8 comparsas coma un xeito máis de financiamento das colonias polo que é moi importante a participación de todo o alumnado e dos pais/nais. Ás 16:30 horas concentrarémonos no centro para saír ata a rotonda do colexio, dende onde comeza este ano o desfile.

ACTIVIDADES DE NADAL

Visita as  actividades de Nadal no blog da biblioteca e no blog de actividades complementarias,  nos vindeiros días colgaremos novidades.

Animarvos a ser seguidores dos nosos blogs para estar informados das actividades que realizamos no centro. (pinchar en "¿ya eres miembro? acceder", da barra da dereita). 

BO NADAL

 

O Claustro de Profesores e maila Asociación de Nais e Pais do Alumnado do CEIP Público Mosteiro-Bembrive desexámoslle unhas Boas Festas de Nadal e un aninovo cheo de Paz, Ledicia e Solidariedade.
Vigo, Nadal 2011.

ESCOLA DE PAIS NAIS

 

 

Dende o Centro Escolar estamos traballando neste espazo de formación, para compartir inquedanzas e resolver dúbidas, que axuden a mellorar o proceso educativo dos nosos fillos e fillas e a tarefa como pais e nais.

 

Temos unha nova sesión de formación "CÓMO ACHEGARNOS OS NOSOS FILLOS SEN PERDER AUTORIDADE" (Que facer e que non facer)

Responsable: Marta LLoves, terapeuta e experta no traballo con familias.

Data: mércores 30 de novembro

Hora: 18:15 a 19:30

Lugar: Aula de música do colexio.

PROXECTO GREENCITY

  

 

 

 

 

O noso centro forma parte do proxecto europeo"Green public building platform for the promotion of a green City" que está a ser executado na nosa cidade pola Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo (FAIMEVI).

A finalidade do proxecto é demostrar a posibilidade de acadar aforros de enerxía de auga a través da formación dos usuarios; co fin de promover que os seus hábitos sexan cada vez mais acordes coa reducción do consumo de enerxía, o seu uso eficiente e a utilización das enerxías renovables.

Os obxectivos do proxecto céntranse na reducción dun 20% do consumo enerxético  e un 10% das emisións ambientais, mellora da eficiencia enerxética dos edificios e fomento de boas prácticas.

CELEBRACIÓNS

Estes días pasados celebramos no noso cole a festa do Samaín, votade unha ollada nas fotos do blog da nosa biblioteca http://pillarratos.blogspot.com/

Tamén o pasamos moi ben no magosto,visitade o blog de actividades para ver como o pasamos http://divermosteiro.blogspot.com/

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo