BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

ENTROIDO BEMBRIVE

Na semana do 13 ó 17 de febreiro celebraremos no colexio o entroido tradicional: martes fareleiro, mércores oleiro e xoves de comadres e compadres con traballos de investigación, exposicións orais e postas en práctica.

O venres 17 teremos unha programación especial para celebrar esta festividade: obradoiros, merendas, pasarrúas e festa.

Gustaríanos contar ca vosa colaboración:

  • Na merenda: Degustación de filloas, flores, orellas, feitas por vós e que todos/as compartiremos (podedes deixalas no comedor, no horario de entrada o colexio)
  • No disfraz: Sería convinte que os alumnos trouxeran o disfraz nunha percha ou bolsa co nome posto. Aquela roupa que poidan traer posta, sería aconsellable que así fose (medias, camisetas...). os alumnos de 3 e 5 anos, virán vestidos da casa pero non maquillados.
  • Na festa: As 12.30 os nenos/as comezarán a baixar para facer as fotos na porta do colexio e despois un pasarrúas polo centro. Treminaremos cunha festa-baile na pista. ESTADES TODOS/AS INVITADOS/AS. Para unha maior organización, os nenos/as entrarán nas clases para saír ás 14:00.

Recordámosvos que o sábado 25 de febreiro celébrase o entroido en Bembrive. O centro participa coas 8 comparsas coma un xeito máis de financiamento das colonias polo que é moi importante a participación de todo o alumnado e dos pais/nais. Ás 16:30 horas concentrarémonos no centro para saír ata a rotonda do colexio, dende onde comeza este ano o desfile.

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo