Instrucións para a reserva de praza no centro de adscrición, IES Illa de Ons, no noso caso
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición ‘IES Illa de Ons’ para o curso escolar 2024/2025.
As solicitudes poden tramitarse a través da aplicación ADMISION ALUMNADO
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Podes consultar toda a información no seguinte enlace: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado