MENÚS 2024-2025
PLAN MADRUGA:
De 07:45 ás 09:00 (con ou sen almorzo). Prezos: 1,00€ sen almorzo e 2,50€ con almorzo.
Xestionado en colaboración coa ANPA e subvencionado polo Concello de Bueu.
COMEDOR ESCOLAR:
Funcionará o servizo de comedor desde o xoves 8 de setembro ata o último día de curso (inclusive).
HORARIO: 14:00-16:00 h. Horario de recollida: 16,00.
O prezo do menú é diferente en función do umbral de renda familiar, condicións persoais ou familiares (0€, 1€, 2.50€ ou 4.50€).
+ INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR.
É moi importante a hixiene bucal, polo que os nenos/as traerán un neceser co vaso, pasta e cepillo de dentes.
SOLICITUDE COMEDOR 2024-2025 Ed. Infantil e Ed. Primaria
Estimadas familias,
Poden descargar na seguinte lingazón os impresos para solicitar o comedor para o curso 2024-2025.
RECOLLEMOS SOLICITUDES ATA O 18 DE XULLO
Lembramos que esta solicitude teñen que cubrila todas as familias que vaian facer uso deste servizo, estean ou non sendo beneficiarias del no presente curso.