FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025
Ábrese o prazo de solicitude das axudas do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o próximo curso 2024/25.
As familias poderán presentar a documentación entre o 21 de maio e o 21 de xuño
FORMAS DE PRESENTACIÓN:
1. Electrónica dende a aplicación informática Fondo libros
2. Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación Fondo libros, imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro educativo.
2. Presencial manual cubra os Anexos I e II e presénteos na secretaría do centro.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Solicitude (Poden descargar os anexos I e II)
- Copia do libro de familia.
- En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
CALENDARIO
O calendario para o fondo de libros e axudas de libros de texto e material escolar será o seguinte:
3 de xullo
|
Listaxe provisional de beneficiarios
|
4 e 5 de xullo
|
Prazo de reclamación
|
8 de xullo
|
Listaxe definitiva de beneficiarios
|
Do 8 ao 17 de xullo
|
Recollida de vales
|
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
ANEXO I e ANEXO II.