blogue desol

Don Pedro Gómez Álvarez asina exemplares do seu libro

Onte, en Biblioforte, tivemos a honra de recibir a don Pedro Gómez Álvarez, inspector xubilado e autor do libro O ensino na terra de lemos nos séculos XIX e XX, mapas das escolas e centros.

Durante a mañá asinou varios exemplares do seu libro,

 

 

posteriormente aceptou subir á radio para ser entrevistado por duas alumnas de 6º coa colaboración dos profesores Jaime e Cristina.

 

Agradecemos a súa dispoñibilidade e proximidade.

Grazas.

 

 

Obradoiro de radio

O pasado 22 de setembro o alumnado de 4º de primaria participou activamente nun obradoiro de Radio con Damián de Ponte nas Ondas.

 Durante este obradoiro coñeceron e practicaron: dinámicas de interpretación da voz, técnicas de gravación, nocións básicas do programa Audacity e elaboraron por parellas o guión e a gravación dun programa en directo.

Unha xornada formativa moi interesante 

 

 

Aquí podemos escoitar dous podcast realizados polos participantes acompañados pola profe Cristina.

 

CALENDARIO 22-23

 

DESCARGAR

 

 

ARTESÁNS: Proxecto Documental Integrado 21-22

 

 

 

 ARTESÁNS NO PORTAL

 

 VOLUNTARIADO ARTESANAL

 

 

 

 FÁBRICA DE CALZADO 5º

 

 FÁBRICA DE CALZADO 6º

 

 QUEIXERÍA

 

 HOSTELERÍA ROSENDE

 OLEIRA OTILIA

 

 APICULTORA LORENA

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS - DÍPTICO

 

BIBLIOFORTE: TRANSICIÓN

 

 Biblioforte, inmersa en pleno proceso de remodelación e ampliación durante o terceiro trimestre agarda reabrir as portas antes de rematar o curso en agradecemento a todas as persoas que dun xeito ou outro contribuíron a facer posible este proxecto e que no próximo curso non están.

 

Vaia esta reportaxe fotográfica en agradecemento a toda a comunidade educativa pola súa comprensión e colaboración; pois, como toda obra, supuxo trastornos e traballo extra.

Grazas!

 

 

 

 

 

 Grazas!

 

Poemario Novo I

 

Presentamosvos o noso primeiro poemario.

 

Este poemario xorde do traballo colectivo realizado tralo “Obradoiro poético” que por

1ª vez organizamos no centro, contando coa inestimable colaboración do alumnado

(que participou activamente), do profesorado, e dos profes poetas do cole: Luis A. (en

activo) ; Mari Carmen, Antonieta e Luis P (mestres xa xubilados).

Este poemario vai adicado a todas as persoas ás que lles gusta crear, ler, desfrutar da

poesía e tamén ás que non lles gusta, para motivalas e axudalas a descubrir todo un

mundo de posibilidades.

 

 

Agardamos desfrutades léndoo tanto coma nós elaborándoo.

 

.Entrevista ao profe-poeta LUIS

 

.

O alumnado de 6º visita a fábrica-museo de calzado Creaciones Rama

 

O alumnado de 6º visitou esta semana o que hai décadas era unha das fábricas de calzado máis importantes da Ribeira Sacra é hoxe convertida nun museo gratuíto no que Ramón Pérez, zapateiro de vocación, mostra con orgullo as máquinas orixinais dun negocio que pechou hai anos pero que grazas aos seus coidados seguen funcionando perfectamente, un valioso patrimonio que merece ser visto e, sobre todo, explicado.

 

 Vaia o noso agradecemento a Don Ramón pola conservación e transmisión as novas xeracións deste patrimonio material e inmaterial.

 

 

 

Falagueira 2022: Os Artesáns

O xornal Falagueira publica un especial sobre Os Artesáns, tema do Proxecto de Centro deste curso 2021-22.

Cada grupo-clase redacta un artigo sobre un dos artesáns obxecto de estudo durante o curso e infantil realiza a portada.

 Le facendo doble clic na imaxe.

 

DESCARGAR

 

 

Distribuir contido