Outras Actividades

excursións, saidas, festas,...

LECTURA CONTINUADA

O xoves, día 19 de maio o alumnado de 5º curso participou na LECTURA CONTINUADA que cada ano organiza o Centro Cultural Recreativo de Vilalba co gallo do Día das Letras Galegas, no Centro da citada asociación.(Ver fotos)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres, día 13, co motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano está adicado a Lois Pereiro, faremos un festival no cole, onde participará todo o alumnado do Centro con distintas actuacións: lectura de poemas, bailes, teatro, cancións, etc. ( Ver fotos)

Festival:

- Educación Infantil

                             3 e 4 anos "A pulga na palla"de na punta do pé

                             4 e 5 anos "Camiño de Viseu" de na punta do pé

- Educación Primaria

                            1º  Trabalinguas; "A princesa do Courel"

                           2ºA   "O rock da ducha"

                           2ºB "Todo é un conto"

                           3º e 4º Nun mercado persa

                           4º Poema de Rosalia de Castro

                           5º Biografía e obra de Lois Pereiro

                           5º Manifiesto Correlingua; Palabra de lebre

                           6º "O rap da lingua"

 

                           Poemas (lectura)

                           Antía Fernández Quintela 6º A

                           Milagros Lozano Francos 6º B

Saída a Sotavento

 

O venres, día 8 de abril, o alumnado de 2º ciclo de Primaria (3º e 4º), visitaron o Parque Experimental de Sotavento, en Xermade, onde realizaron actividades guiadas polos monitores do parque, relacionadas coa enerxía renovable.(Ver fotos)

Contacontos

O pasado día 26 de Abril, conmemorando o Día do Libro, os pequenos de Ed. Infantil asistiron a Biblioteca Pública para ver a representación do Contacontos de Pablísimo.  (Ver fotos)

CINE EN LUGO

O martes, día 3 de maio, o alumnado de 1º e 2º de primaria, viaxou a Lugo para ver unha película no Auditorio "Gustavo Freire" titulada "O lince perdido" que reflexiona sobre a conservación da natureza.

VISITA AO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA

O martes, día 4, e o venres, día 6 de maio, o alumnado de 3ºe 4º de primaria visitou o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba para coñecer parte da nosa historia e onde participaron, respectivamente, nun Obradoiro de Debuxo Prehistórico e de Cerámica.

Visita á Biblioteca Municipal de Vilalba

O venres, día 29 de abril, con motivo da celebración do día do libro, o alumnado de 1º de primaria visitou as dependencias da Biblioteca Municipal de Vilalba. Algúns dos nenos e nenas fixéronse socios para poder levar á casa libros e películas de vídeo emprestados durante uns días.

Cine no cole

Durante os días 26, 27 e 28 de abril e dentro do proxecto da comisión de convivencia "Os valores a través do cinema",proxectáronse no cole as películas: "El bosque animado" para 1º, "Wall-E" para 2º ciclo e "Los chicos del coro" para 3º ciclo.

 

Visita do Azkar Lugo

O xoves 14 de abril visitáronnos xogadores e corpo técnico do Azkar Lugo para dar unha charla ao alumnado do Cole sobre a importacia do deporte  e facer un pequeno adestramento. (Ver fotos)

COÑEZO O MEU POBO

O alumnado do 1º ciclo (1º e 2º de primaria) realizou o martes, día 12 de abril unha saída para coñecer distintos edificios públicos e lugares emblemáticos do seu pobo. Fixeron a pé un percorrido dende o colexio pasando pola Biblioteca Municipal, oficina de Correos, casa do Concello onde pararon para tomar un tentempé e seguiron cara á Torre do Castelo, onde visitaron os interiores. De regreso ao Cole pasaron por diante dos restos da muralla. (Ver fotos)

Distribuir contido