COÑEZO O MEU POBO

O alumnado do 1º ciclo (1º e 2º de primaria) realizou o martes, día 12 de abril unha saída para coñecer distintos edificios públicos e lugares emblemáticos do seu pobo. Fixeron a pé un percorrido dende o colexio pasando pola Biblioteca Municipal, oficina de Correos, casa do Concello onde pararon para tomar un tentempé e seguiron cara á Torre do Castelo, onde visitaron os interiores. De regreso ao Cole pasaron por diante dos restos da muralla. (Ver fotos)