Curso 2019-20, Actividades extraescolares, Outras actividades
DÍA DO LIBRO
Con motivo do DÍA DO LIBRO, e aínda que estamos nas nosas casas, o alumnado fixo moitas actividades para celebralo (lectura de contos, marcapáxinas,...).
O alumnado de 5º A deixounos mostra do seu traballo.
A mestra de Infantil, María, contounos o conto "Onde estás caracol?" da editorial OQO.
DÍA DA MULLER
O día 8 de marzo celebrouse o día internacional da muller. No cole realizamos distintas actividades para facer visible e reflexionar sobre este tema.
En 5º de Educación Infantil, recibiron a visita de 2 alumnas de 1º de BAC que lles contaron unha historia e realizaron unhas actividades sobre dito tema.
SAÍDA A LUGO DE ALUMNADO DE 5º
O alumnado de 5º trasladouse a Lugo o día 20 de febreiro para participar no proxecto "Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia", organizado pola Deputación de Lugo en colaboración co Centro Oceanográfico de Vigo, no que se divulga o mundo mariño entre os escolares do interior.
Visita aos Bombeiros
O alumnado de 2º de Educación Primaria, visitou o día 18 de febreiro, o Parque de Bombeiros de Vilalba (Lugo) para coñecer as instalacións, materiais, mobiliario e traballo que realizan. Ademais escoitaron algúns consellos do persoal especializado no caso de que se atopen en situacións difíciles.
Pasárono moi ben. Viñeron convertidos en pequenos voluntarios de bombeiros.
ENTROIDO
Estamos no tempo de Entroido e comezamos a troula. Este ano fixemos unha festa hippie e como tal acude a nosa meca. Nós estamos a pensar e preparar o noso disfrace, pero a mequiña quere que empece xa a festa por iso:
MANDADOS DA MEQUIÑA
Este ano a mequiña tres mandanos vou facer Só vos pido unha cousiña: orixinais tedes que ser!
Cada día ten a súa condición martes, mércores e xoves. Prestade moita atención nenas, nenos e profes.
O martes vai ser un día gracioso Convídovos a que traiades algo no pescozo.
MARTES- MÉRCORES
Sempre andamos apurados todo o tempo con estrés traede mañá algo do revés.
MÉRCORES-XOVES
Pon na cabeza antenas, cornos ou orellas, a ver a que animal de asemellas.
|
DÍA ESCOLAR DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebrouse o día escolar da PAZ, con este motivo preparamos varias actividades para reflexionar sobre este tema.
Fixemos un pequeno proxecto “Operación kilo-kilómetro” con todo o alumnado. Tratouse de recoller un kilo de calquera produto non perecedoiro, traelo ao cole e o día 30 levalo, percorrendo un kilómetro ata o Concello, onde cada neno ou nena fixo entrega dos produtos a persoal de Cáritas. A continuación o alumnado colocouse formando o símbolo da Paz e cantou a canción “Apertas que voan” de Paco Nogueira.
Tamén confeccionamos unha pulseira con motivos referidos a este tema, proposta que realizamos os tres centros de Vilalba.
CONTACONTOS
O venres, día 24, achegouse ata o noso cole LETICIA MIRANDA, unha contacontos; para facer o espectáculo "NON + PRINCESAS" baseado en contos sobre igualdade de xénero e a coeducación. Asistiu todo o alumnado en dúas sesións.
NADAL
Celebramos o Nadal con distintas actividades: fixemos un intercambio de postais, que preparamos con entusiasmo na casa con algunha axuda e con materiais case todos de refugallo, tamén fixemos adornos para árbores de nadal do cole que están expostos nos distintos patios, o alumnado de 4º foi contar uns contos ao nenos e nenas de ingantil, 1º e 2º,...
O venres tivemos a actuación musical "Soñando inventei" de María Faltri e Jorge para o alumnado dende Infantil ata 4º e unha "ginkana" para os de 5º e 6º .
Tamén nos visitaron o Apalpador e Papá Noel, que chegaron dende moi lonxe.
DÍA DA DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro celebrouse o día da INTERNACIONAL das persoas con DISCAPACIDADE, por este motivo no CEIP "Antonio Insua Bermúdez" realizáronse unha serie de actividades nas que estivemos invitados a participar. Estas actividades leváronse a cabo o xoves, día 5 de decembro e consistiron na realización dun mural entre todos os centros participantes e a interpretación da canción "Ven comigo" de María Fumaça.