Curso 2015-16, Actividades extraescolares, Outras actividades

CONTACONTOS EN INFANTIL

O martes, día 25 de novembro, tivemos no colexio un contacontos para Ed. Infantil, que tratou o tema da "Violencia de xénero".

Esta actividade foi organizada polo Concello.

MAGOSTO

O martes día 15 de novembro celebramos o magosto no cole. Todos participamos nos xogos organizados polo profesorado de E. Física. Despois fixemos unha fogueira pequeniña para asar as castañas e logo comelas. 

VISITA DO ARTISTA VICENTE BLANCO

O pasado martes, día 10 de novembro, e dentro do "Proyecto de desarrollo creativo" que organiza o MAC, tivemos a sorte de contar entre nós coa visita do artista Vicente Blanco, que levou a cabo o obradoiro "Planificando un lugar para vivir" co alumnado de sexto de primaria. O alumnado puido interactuar co artista, gozando das súas ensinanzas e exemplo vital sen ningún tipo de interferencia.

SAÍDA POLO PASEO DOS SOÑOS

O alumnado de terceiro curso realizou unha saída o luns día 9 de novembro polo Paseo dos Soños, percorrendo o hectómetro literario e observando o seu contorno nesta época do ano.

 fotografías

SAMAÍN

Durante a semana do 26 ao 29, no cole fixéronse distintas actividades para celebrar o Samaín: exposición de cabazas nos patios, escaleiras, corredores e aulas; murais, obxectos de medo, ...

samain                             samain2          samin3

               

                                             Máis fotos...

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE COGUMELOS NO IES BASANTA SILVA

O alumnado de cuarto, quinto e sexto nivel do noso centro tivo a oportunidade de visitar no IES S. Basanta Silva a exposición de cogumelos aproveitando que nas clases estanse estudando aspectos relacionados co outono.

(Ver fotos).

 

COÑECEMOS O NOSO TRAXE REXIONAL

O día 20 de outubro tivemos a sorte de coñecer máis afondo o noso traxe rexional gracias a visita que realizou ao centro Dª Mª Carmen López Díaz, integrante da Asociación de Obradoiros Artesáns da Terra Chá, dentro sa súa actividade "A ARTESANÍA CHAIREGA NOS COLEXIOS", e á exposición de distintos traxes e diverso material para a súa elaboración. (Ver fotos)

                                                 traxe galego

SAÍDA DO OUTONO DO ALUMNADO DE ED. INFANTIL

O día 15 de outubro o alumnado de educación infantil do noso centro realizou unha saída polo Paseo dos Condes, coa finalidade de coñecer o noso contorno, observar a natureza e concienciarse da importancia do coidado da mesma. Aproveitaron a ocasión para recoller algún producto típico desta época do ano. (Ver fotos)

                                      paseo dos condes

Distribuir contido