VISITA DO ARTISTA VICENTE BLANCO

O pasado martes, día 10 de novembro, e dentro do "Proyecto de desarrollo creativo" que organiza o MAC, tivemos a sorte de contar entre nós coa visita do artista Vicente Blanco, que levou a cabo o obradoiro "Planificando un lugar para vivir" co alumnado de sexto de primaria. O alumnado puido interactuar co artista, gozando das súas ensinanzas e exemplo vital sen ningún tipo de interferencia.