Skip to Content

6º Curso

Obradoiro de xogos populares

Un ano maís a Fundación Xaquín Lorenzo, da man de Lito, un dos mellores coñecedores dos xogos populares de Ourense, realiza no noso centro dúas sesións de xogos.

Na primeira sesión participamos nunha sesión de xogos de mesa para días de choiva que se poden realizar dentro da aula sen ningún tipo de problema. Os xogos foron os seguintes:

  • O muiño: Este xogo pertence á familia dos alquerques e aparece recollido no ‘Libro del axedrez, tabas y dados’ de Afonso X O Sabio.
    É para dous xogadores e cada un deles comeza o xogo con nove fichas de man que ben poden ser garavanzos, fabas, pedras ou paus.
    A partida ten dúas partes diferenciadas, na primeira cada xogador sitúa alternativamente as súas fichas nos puntos libres do taboleiro, coidando formar liñas de tres e máis evitando que o faga o contrario. Cada vez que un xogador faga cun movemento un ‘tres en liña’ consigue retirar unha das fichas do contrincante eliminándoa da partida.
    As fichas móvense de maneira adxacente e buscando facer tres en liña e evitando o que o faga o contrario. Gaña a partida o primeiro que reduce ó contrario a dúas pezas, ou ben quen inmobilice tódalas fichas do outro.

  • O moco: Colócanse as fichas no taboleiro e vanse collendo por columnas según o criterio de cada quen. o último xogador en coller ficha perde.

  • Os marcianitos: Debuxanse as naves nun lado do folio e polo lado contrario vanse facendo marcar no mesmo tratando de tocar as naves para destruílas.

Premio á excelencia do Proxecto meteoescolas

O traballo realizado ao longo do curso 2015/2016 en torno á nosa estación meteorolóxica foi premiado cun Diploma á excelencia polos reponsables da súa valoración na Consellería de Educación. 
 
Parabéns para todo o equipo de meteorólogos do Sueiro!!!

 

O traballo que realiza o equipo de meteoroloxía do colexio pódese seguir no seu blog.

Festival de Nadal 2016

O 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas a cuxo equipo directivo e persoal laboral queremos agradecer as atencións que desinteresadamente tiveron connosco.

Tamén é de agradecer a gran afluencia de público que tiveron os nosos alumnos e alumnas así como o seu comportamento ao longo de toda a función. Esperamos que nos perdoaran os posibles erros cometidos no desenvolvemento da mesma.

Nas seguintes ligazón tendes acceso ás diferentes actuacións.

  1. Panxoliña: "O moneco de neve". Ed. Infantil.
  2. Poemas 5º Curso.
  3. Varias panxoliñas e cancións: 3º EP.
  4. Obra de teatro: "Comerei dous". 4º EP.
  5. "Mi burrito Sabanero": 1º e 2º de EP.
  6. "O baile da carrasquiña": 1º e 2º de EP.
  7. Obra teatro: "El milagro del amor". Alumnado de 4º e 6º de EP.
  8. Panxoliña final. 6º, 4º e 3º de EP.

 

Ver a galería de imaxes do Festival de Nadal

Dedicatoria de Fran Alonso

O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos".

O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.

 


Nova na páxina de Edicións xerais


 

A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso.

Sesión de xogos realizada polo alumnado do CIFP Portovello

Alumnado do CIFP Portovello, coa coordinación do seu titor Roberto Fdez Cartón, desenvolveu no noso colexio unha sesión de xogos baixo a temática dunha "feira" formada por 5 casetas, cada unha delas cun xogo diferente, polas que foron rotando todos os nenos e nenas de Ed. Primaria do centro. Asemade, o alumnado de Ed. Infantil tamén participou nunha sesión, especialmente deseñada para eles, no patio de xogos do cole.

Os xogos realizados foron os seguintes: tres en raia (dragón); paracaídas (tiovivo); rá e as pontes (tirachinas), e o globo irrompible (rompebolas). No programa da sesión pódese ver en que consistía cada xogo. Todos eles foron do agrado do alumnado, non hai máis que ver as súas caras na galería de imaxes.

Felicitamos ao alumnado do CIFP Portovello e ao seu profesorado por esta actividade e animámolos a repetila nun futuro que esperamos sexa próximo.

Moitos parabéns polo traballo realizado!!

GALERÍA DE IMAXES

Premiados polo Ministerio de Agricultura

O profesorado do CEIP Manuel Sueiro, grazas á colaboración do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria, vén de obter o recoñecemento polo traballo realizado "Aventúrate en el paraiso", dentro do PDI da biblioteca "Galicia arrecende a aventura" do curso pasado, ao ser os gañadores do concurso "100 años de Parque Nacionales, conservando la naturaleza juntos".

Relación de gañadores nas distintas modalidades:

 Ligazón á nova na web do Ministerio de Agricultura:

 

Viaxe a Póvoa do Lanhoso

O alumnado de 6º curso visitou o parque de actividades na natureza de Diver Kids, situado en Póvoa do Lanhoso (Portugal) como premio por ter sido os gañadores do concurso "Crea o teu xornal" que organizou o xornal "La Rexión".

Neste parque natural realizamos diversas actividades de superación e aumento da autoestima que nos proporcionaron momentos de diversión e alegría.

Galería de imaxes

 

 

Cando chove é un bo día

Baixo o títlo de "Cando chove é un bo día" o alumnado de 6º curso traballou ao longo do curso no PDI da súa aula.

O título está inspirado nunha obra do pintor ourensán Baldomero Moreiras.

Para ambientar os corredores das aulas do primeiro andar, decoraron as portas cunha copia de dita obra.

Equipo de meteórologos do Sueiro

Desde hai dous cursos o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o alumnado da aula de apoio está a colaborar no control meteorolóxico da estación do noso cole.

Este é o equipo que dirixe este curso 2016/2017 o control da toma de datos da estación do Sueiro.

Inauguración da estación metereolóxica.

Desde o día 1 de outubro o esquipo de meteorólogos do Sueiro está a recoller os datos metereolóxicos do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut