No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.
Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:
EDUCACIÓN INFANTIL |
1º CICLO |
|
|
2º CICLO |
3º CICLO |
|
|
CIFP PORTOVELLO |
|
|
|
Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.
Os pasos que demos foron os seguintes:
DESEÑO
- Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
- Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.
- Marcar o lugar con cordeis.
CONSTRUCIÓN
- Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
- Colocación do bloque.
- Cubrir de terra para o cultivo.
Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.
DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA
As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.