Skip to Content

5º Curso

Conto musicado "A nena e o avó"

O alumnado de educación primaria participa no conto musicado "A nena e o avó" no Conservatorio de Ourense.

O pasado 28 de maio, o alumnado de educación primaria do noso centro tivo a oportunidade de asistir a unha enriquecedora actividade cultural no salón de actos do Conservatorio de Ourense organizada en colaboración co CFR de Ourense. Nesta ocasión, os nenos e nenas participaron no conto musicado "A nena e o avó", de Carmen Calleja, unha obra contada pola propia autora e interpretada maxistralmente polo coro xuvenil Cantiga de Ourense.

A representación, que xa acadara un notable éxito nas xornadas de Ourencanto, volveu deleitar ao público coa súa emotiva combinación de música e narración. "A nena e o avó" é un conto que explora a relación especial entre unha nena e o seu avó, e como a través da música se forxan recordos e ensinanzas que perduran toda a vida.

O coro xuvenil, coñecido polo seu talento e dedicación, logrou unha vez máis entusiasmar á audiencia coa súa interpretación. A música, coidadosamente seleccionada e executada, serviu como un vehículo perfecto para transmitir os sentimentos e as ensinanzas do conto, deixando unha impresión duradeira nos novos espectadores.

Esta actividade non só brindou aos estudantes unha experiencia artística única, senón que tamén fomentou neles o amor pola música e a literatura. A integración destas disciplinas no ámbito educativo é fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, xa que lles permite explorar novas formas de expresión e comprensión do mundo que os rodea.

O éxito desta xornada reafirma a importancia de seguir promovendo actividades culturais no currículo escolar, e agradecemos ao Conservatorio de Ourense, ao coro xuvenil Cantiga de Ourense e ao CFR de Ourense por facer posible esta marabillosa experiencia.

Sen dúbida, eventos coma este contribúen a enriquecer a formación do noso alumnado, achegándoo ao mundo da arte e a música dun xeito lúdico e educativo.

VIAXE A CORUÑA

A_Coruña

O martes 21 de maio de 2024 o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria desfrutaron dunha emocionante visita aos museos da cidade de A Couña. A nosa excursión incluíu paradas en Domus, Acuario e Casa de las Ciencias. Durante a visita, os estudantes puideron aprender sobre a historia da humanidade en Domus, explorar a vida mariña no Acuario e descubrir os misterios da ciencia na Casa de las Ciencias e desfrutar do Planetario. Foi un día cheo de diversión e aprendizaxe para todos os participantes."

 Galeria

LUISA VILLALTA.KAHOOT.

k_LuisaVillalta


Ao longo da semana o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro traballou e homenaxeou a Luisa Villalta. O xoves 16 de maio deseñamos un xogo a través de Kahoot para seguir recordando a Luisa Villalta. Neste caso a actividade consistiu en organizar grupos heteroxéneos de diversas aulas do colexio onde a inclusión, a atención á diversidade, colaboración e compañeirismo presidiron dita actividade.

O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive

https://youtu.be/RXB-BKbkqDE

Galeria

VI Concurso Escolar de carteis relacionados coa Doazón e os Transplantes. A VIDA AGROMA POR TI

 vida_agroma

A VIDA AGROMA POR TI

vida_agroma

A implicación da comunidade educativa do Sueiro nas causas máis xustas esténdese no tempo: Colaboramos en recollida de alimentos, xoguetes, roupa; participamos en campañas promovidas por UNICEF e SAVE THE CHILDREN.

E demos un paso máis ao participar no VI Concurso Escolar de Carteis relacionados coa DOAZÓN e os TRANSPLANTES organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS).

Tivemos acceso a recursos educativos na seguinte ligazón:
https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Proxecto-Salvavidas-Primaria?idioma=ga

Os alumnos/as de 5º Educación Primaria decidiron participar cun cartel pondo en valor a doazón e o posterior transplante de corazón porque  entenden que este órgano é o motor da nosa vida. Non hai maior xesto de xenerosidade que doar VIDA.

O primeiro paso foi a elaboración dun “colaxe” sobre un debuxo dun corazón. Esta técnica minuciosa de busca do papel axeitado, o recortado en pequenos cachos e a colocación de cada un deses pequenos papeis, representa a paciencia que precisa

n os  doentes á espera dun corazón e tamén a calma e a tranquilidade das persoas que coa súa xenerosidade doan ese órgano nun intre tan doloroso.

No segundo paso do traballo, cubriron o colaxe con flores de papel. Con elas pretenden amosar a esperanza dunha nova vida para as persoas receptoras do órgano.

E por último decidiron o título: “A vida agroma por ti”. Se un gromo anuncia a chegada da primavera en flores e árbores, o corazón doado representa ese anuncio dunha nova oportunidade de vida. E o remate da frase, “... por ti”  fai referencia á xenerosidade da persoa e familiares doantes.

Fomos felices coa nosa participación pero aínda máis coa nova de que o noso cartel foi o gañador desta edición.

PARABÉNS AOS CORAZÓNS XENEROSOS!

vida_galeria

O DESTINO DE KAMEKO

kamko

O Club de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “O destino de Kameko” de Abel Alves da editorial Aira.
    O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce. O destino de Kameko  conta a historia de Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Ao longo de libro xurdiran incógnitas como Quen é esa nena que leva sempre unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?

Actividade 1: Lectura
    Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
    A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen centrado na violencia de xénero dentro do seo dunha familia.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
    O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
    O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
    O alumado realizou dixitalmente a guía de lectura deste libro.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
    O alumado realizou dixitalmente o audiolibro.

Audio_Kameko

Actividade 7: Concurso sobre o libro.
    O alumado realizou por grupos o concurso sobre a compresión do libro.
Actividade 8: Kahoot.
    O alumado realizou individualmente a compresión do libro a través do Kahoot.

EN GALEGO:

K_kameko_galegohttps://kahoot.it/solo/?quizId=d2898715-a4c1-42f6-ad0c-6618018e4915


EN CASTELÁN:

K_kameko_castelan https://kahoot.it/solo/?quizId=9fc4fe41-f728-4789-89c1-2f2a30b51ae6 

Actividade 9: Conclusión/valores
    Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2503

CLUB LECTURA. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.

Club_lectura_5

O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
O Club de Lectura de 5º de Educación Primaria, neste curso decidiu identificarse como os Sueriños experimentando unha notable madurez durante o curso académico 2023/2024.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese centrados nos temas relativos aos ODS 2030. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas (Audiolibros) de algúns dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes así como o acceso do alumnado á lectura atendendo así a atención a diversidade dos seus e súas compañeiros e compañeiras de colexio.
En resumo, o Club de Lectura de 5º de Educación Primaria éi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:

 Skywalker

 

delfines

hombres

segredos

nena

Kameko

prado

audiolibros

DOBRAXE NA ESCOLA

dobraxe

O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e as nenas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob Esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

dobraxe

A porta secreta do museo do Prado

“La puerta secreta del museo del Prado” foi o libro que nos acompañou durante todo o curso no club de lectura, eso si, con outras lecturas polo medio: Somos quen de ler varias historias ao mesmo tempo e de facer un alto no camiño lector para retomalo de novo.

Alá polo mes de outubro, achegámonos a este libro, pero non dun xeito calquera. Lembramos as andanzas doutros compañeiros/as uns cantos cursos atrás, en proxectos arredor do Museo del Prado:

Chegado o mes de novembro, descubrimos que a ciencia tamén estaba nos segredos do Museo del Prado: Espertaron os nosos sentidos coa lectura do libro do que estamos a falar.

E, como é ben sabido que no noso cole todos somos iguais e diferentes, no Club de Lectura “Sueiriños”, demos un paso adiante para que todos e todas podamos desfrutar dunha boa lectura.

Por eso, e grazas aos recursos didácticos a prol da diversidade do alumnado no proxecto “Prado inclusivo”, accedemos aos seguintes materiais:

E chega o remate final: Gravamos un audio libro de “La puerta secreta del Museo del Prado”. Non foi o libro enteiro: Na nosa teima de que todos e todas coas nosas diferencias desfrutemos da lectura, un resumo foi suficiente para que ninguén quede sen descubrir cal é ...

“A PORTA SECRETA DO MUSEO DO PRADO”.

Carreira solidaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

Carreira Solidaria no Sueiro: Un Éxito de Participación e Solidariedade!

O pasado 9 de maio, as instalacións de atletismo da Universidade de Ourense foron testemuñas dun evento especial e cheo de entusiasmo: a segunda edición da Carreira Solidaria do Sueiro. Esta actividade, que o ano pasado recibiu unha cálida acollida, volveu este ano con aínda máis forza e propósito.

Nesta ocasión, a carreira non só foi un momento para promover a actividade física e o traballo en equipo, senón tamén para apoiar causas solidarias de importancia global. Xunto con Save the Children, este ano unímonos a UNICEF e o seu programa "Cada Pinga Conta", que busca concienciar sobre os dereitos fundamentais da infancia.

O evento contou cunha participación extraordinaria: todo o alumnado do centro sumouse con entusiasmo, xunto con moitos familiares que se uniron para mostrar o seu apoio. Foi un momento emocionante ver a nenos, nenas, pais e nais correndo xuntos por unha causa significativa.

Durante a carreira, respirábase un ambiente de alegría e solidariedade. Os participantes non só gozaron do deporte, senón que tamén compartiron valores de empatía e compromiso social. Cada paso dado representou un acto de xenerosidade e conciencia cara aos dereitos da infancia en todo o mundo.

Desde o Colexio, queremos agradecer a todas as persoas participantes, colaboradores/as e patrocinadores/as que fixeron posible este evento. Grazas ao seu apoio e compromiso, estamos contribuíndo activamente a crear un mundo máis xusto e equitativo para todos os nenos e nenas.

Esperamos con entusiasmo volver a organizar máis actividades solidarias que fortalezan os nosos lazos como comunidade e nos inspiren a seguir traballando por un mundo mellor!


VÍDEOS DAS DIFERENTES CARREIRAS


HORA DE LER. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.

hora

HORA DE LEER:
A  hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada polo titor José Manuel Rego García (3 sesións) e por Mª Pilar Iglesias Gómez (2 sesións).
No curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer a través do Club de lectura Leo e releo con Leo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/taxonomy/term/246
Obxectivos:
•    Desenvolver o hábito lector.
•    Traballar as competencias clave, principalmente: Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Conciencia e expresións culturais e Social e cívica.
•    Compartir as nosas lecturas con outras persoas.
•    Promover a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
•    Mellorar a través da lectura, o vocabulario, a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
•    Coñecemento de persoas escritoras e obras literarias galegas.
•    Fomentar o traballo en equipo a través da biblioteca escolar.
Actividades.
•    Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
•    Dramatizar algún episodio do conto.
•    Colorear debuxos do conto.
•    Escoitar o conto.
•    Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
•    Traballar teatro.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 1º: “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da editorial SM.
O libro foi traballado nos meses de setembro e outubro do curso escolar 2023/2024 centrado na invisibilidade da xente pobre. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2338
•    LIBRO 2º: “Delfines amigos” de Mary Pope Osborne da editorial Sm. 
O libro foi traballado en outubro e novembro do curso escolar 2023/2024 contando a importancia do medio ambiente, a lectura dos libros e as bibliotecas. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2357
•    LIBRO 3º: “Los hombres no pegan” de Beatriz Monco e Mabel Pierola da editorial Bellaterra.  
O libro foi traballado no mes de novembro do curso escolar 2023/2024 e conta a historia dunha familia na que observan a existencia da violencia de xénero na casa dun amigo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2385

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 4º: “Segredos Soterrados” de Alba de Evan e Xabier Domínguez da editorial Xerias.
O libro foi traballado nos meses de xaneiro e febreiro e conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2386

•    LIBRO 5º: A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura da editorial Aira.
O libro foi traballado nos meses de febreiro, marzo e abril e conta a historia de Dania unha nena TEA.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2454

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

•    LIBRO 6º: O destino de Kameko de Abel Alves da editorial Aira.

O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce.

•    LIBRO 7º: La puerta secreta del mueso del Prado escrito por José María Plaza e editado pola Editorial EDEBÉ.

O libro foi traballado ao longo de todo o curso 2023/2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado dos museos, cocretamente no do Museo do Prado.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2493

 

hora

Distribuir contido


by Dr. Radut