Skip to Content

1º Curso

Exposición do Samaín 2023

 

Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.

Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividade e imaxinación dos seus traballlos.

 

Visita de dous xogadores do Club Ourense Baloncesto

O 26 outubro de 2024 a ilusión e inspiración encheron o aire da aula de psicomotricidade do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, cando dous destacados xogadores do club de baloncesto local, Club Ourense Baloncesto, visitaron o colexio para promocionar o deporte e compartir as súas experiencias cos nenos e nenas entusiastas.

Os afortunados alumnos e alumnas recibiron a visita de Mindaugas Kacinas e Bolong Zheng, dúas estrelas do equipo de baloncesto da cidade. A visita tivo como obxectivo fomentar o interese do alumnado polo baloncesto, promover un estilo de vida activo e saudable e mostrarlles que con dedicación e paixón poden conseguir grandes cousas no mundo do deporte.

A xornada comezou cunha emocionante presentación en inglés dos dous xogadores que nos foron traducindo simultaneamente para que fósemos quen de comprender o que nos dicían.

Tras a charla, tivemos a oportunidade de facer preguntas aos xogadores e coñecer máis sobre as medallas e trofeos que conseguiron ao longo da súa carreira. O entusiasmo dos nenos e nenas non tiña límites mentres observaban con admiración os logros destas figuras do baloncesto local.

Despois da sesión de preguntas e respostas chegou o momento máis esperado: unha sesión de fotos cos xogadores.

Desde aquí, expresamos o noso agradecemento aos xogadores e ao club Ourense Baloncesto pola súa xenerosa visita. Este tipo de iniciativas son fundamentais para inspirar ao noso alumnado e fomentar o seu interese polo deporte. Agardamos que este día sexa o inicio dun amor duradeiro polo baloncesto para moitos deles.

A visita de Mindaugas Kacinas e Bolong Zheng ao CEIP Manuel Sueiro foi un éxito rotundo, e o alumnado levou para casa non só recordos imborrables, senón tamén unha nova paixón polo baloncesto. Sen dúbida, esta experiencia servirá de fonte de inspiración para futuras promesas do baloncesto na cidade de Ourense.


 

Garavanciño come saniño

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso centro dúas dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 1º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 2º e 3ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

 

Día Mundial da alimentación

A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.

No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron  o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.

Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.

Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.

Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.


 TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO


SLOGÁNS


 

Fomentando o gusto pola lectura en primeiro de educación primaria

A implantación da “Hora de ler”, e unha actividade diaria que realizamos todos os días entre as 12:00 e as 12:20 horas. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o amor pola lectura e desenvolver no alumnado as competencias literarias.

A "Hora de ler" foi unha actividade estruturada na que o alumnado tiña un tempo dedicado exclusivamente á lectura. Neste período promoveuse a lectura autónoma e achegáronse diversos materiais de lectura adecuados á idade e ao nivel do alumnado xa que este, nun principio, era moi heteroxéneo.

Obxectivos:

  • Fomentar o gusto pola lectura dende pequenos.
  • Desenvolver habilidades de lectura independente no alumnado.
  • Mellorar a comprensión lectora e o vocabulario.
  • Estimular a imaxinación e a creatividade mediante a lectura.

Metodoloxía:

  • Selección de materiais de lectura: Proporcionáronse libros, revistas, contos e outros recursos axeitados para o alumnado de primeiro.
  • Espazo de lectura: Creouse un recanto de lectura na aula, cun ambiente acolledor e cómodo, para que o alumnado se sentise cómodo na lectura.
  • Fomento da lectura autónoma: animouse ao alumnado a escoller os libros que máis lles interesaba e a ler de forma autónoma durante a actividade.
  • Participación do profesorado: O profesor estivo presente durante a actividade para ofrecer orientación e apoio individualizado ao alumnado, así como para fomentar o debate e o intercambio de ideas sobre os libros lidos.
  • Outras actividades realizadas:

Resultados:

  • Aumento do interese pola lectura: o alumnado mostrou un maior entusiasmo pola lectura ao longo do curso, manifestando interese pola selección de libros e compartindo as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras.
  • Mellora da comprensión lectora: Observáronse importantes avances nas habilidades de comprensión lectora do alumnado, así como na súa capacidade para extraer información relevante dos textos.
  • Ampliación do vocabulario: o alumnado incorporou novas palabras e expresións ao seu vocabulario mediante a lectura regular.
  • Estimulación da imaxinación e da creatividade: a lectura de diversos xéneros literarios permitiu ao alumnado desenvolver a súa imaxinación e creatividade, así como explorar diferentes mundos e realidades.

Conclusións:

“A hora de ler” resultou ser unha actividade exitosa para fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado de primeiro de educación primaria. O aumento do interese pola lectura, a mellora da comprensión lectora e a ampliación do vocabulario evidenciaron os beneficios desta iniciativa.

Recoméndase seguir fomentando a lectura como práctica habitual na aula, xa que contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado e ao enriquecemento da súa formación cultural e lingüística.

O meu primeiro principiño

No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.

Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.

Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.

Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.

Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.

No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.

Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.

Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.

Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.


RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Recomendación lectoras verán 2023

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Kahoot sobre Mi primer Principito

Mi primer Principito...

 


RECURSOS EDUCATIVOS


Excursión a Allariz

O 13 de xuño o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria realizou unha excursión ao pobo de Allariz para visitar as instalacións da Asociación ANDREA no pobo de San Salvador e o picadeiro de REATUR no cámping de Os Invernadeiros.

No fermoso pobo de San Salvador o alumnado puido gozar dunha xornada de convivencia en compañía de 19 burros  dos cales as persoas responsables do seu coidado nos foron contando historias e curiosidades sobre a súa vida e quefacer diario.

No picadeiro de REATUR participamos nunha actividade de equitación montando todo o alumnado e parte do profesorado nos tres ponis que nos acompañaron ao longo da mañá.

O xantar realizámolo nun novo parque de Allariz que ten a característica de estar cuberto, o que permite o uso das súas instalacións os días de choiva.

Nas imaxes da galería podedes ver o ben que o pasamos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut