Skip to Content

VOTACIÓN CONSELLO ESCOLAR SECTOR FAMILIAS 2024_2025

 

Consello escolar votacion

 

CANDIDATAS POLO SECTOR DE FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR.


Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, país titoras e titores do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:


•    D/Dna. Mar Aragonés Montenegro (votación).
•    D/Dna. Heidi Daniela Espinal Colindres (votación).

A representante elexida pola AFA Limiar é D/Dna. Lucía Gil Iglesias.


De acordo coa Convocatoria de eleccións a Consellos Escolares, o próximo día 19, martes, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio co seguinte horario:
 
•    De 08:40 horas a 9:15 horas.
•    De 13:30 horas a 14:15 horas.
•    De 15:30 horas a 16:10 horas.

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.


2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 1 nome  das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.


RESULTADOS DO CONSELLO ESCOLAR.

POLO SECTOR DE FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR.


•    Dna. Mar Aragonés Montenegro                                 24 VOTOS. (Candidatura elexida)
•    Dna. Heidi Daniela Espinal Colindres                          17 VOTOS. (Candidatura non elexida) Reserva.

 

POLO SECTOR DE DOCENTE AO CONSELLO ESCOLAR.


•    Dna. Natalia Castro Martínez                                     8 VOTOS. (Candidatura elexida).

•    Dna. María del Mar Pereira Gil                                    7 VOTOS. (Candidatura elexida).

•    Dna. Fátima Rodríguez Adán                                      6 VOTOS. (Candidatura elexida).

•    Dna. Nair Calvo Ríos                                                    5 VOTOS. (Candidatura non elexida) Reserva.

•    D. José Antonio Regal Vázquez                                  2 VOTOS. (Candidatura non elexida) Reserva.

 

POLO SECTOR DE P.A.S. AO CONSELLO ESCOLAR.


• Sen representanción xa que non se presentou ningunha candidatura.

 

REPRESENTANTE DA AFA LIMIAR NO CONSELLO ESCOLAR.


•    Dna. Lucía Gil Iglesias.

 

REPRESENTANTE DO CONCELLO DE OURENSE NO CONSELLO ESCOLAR.


•    D. LUis Herminio Amigo Estrada



page | by Dr. Radut