Skip to Content

CONCILIA VERÁN. CONCELLO OURENSE 2023_2024

Concello:concila


INFORMACIÓN CONCILIA VERÁN 2024

 

plazos


O día 6 de xuño de 2024, ás 9.00 h, abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Concilia Verán 2024 que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense e que vai dirixido a nenos e nenas da cidade.

As actividades lúdico-educativas están orientadas cara á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Tamén haberá reforzo educativo.

O horario será de luns a venres de 8.00 h a 14.30 h durante os meses de xullo e agosto (excepto festivos) en todos os centros e a maiores a 1ª semana de xuño e setembro na Aula da Natureza. As actividades terán lugar nos seguintes espazos:

1.    CEIP O COUTO na unidade de SÁS : nados/as entre 2012 e 2019. (5º EI a 6º EP cursados)

2.    *CEIP MANUEL LUIS ACUÑA: nados/as entre 2012 e 2019. (5º EI a 6º EP cursados)

3.    *CEIP VISTAHERMOSA: nados/a entre 2012 e 2020. (4º EI a 6º EP cursados)

4.    CEIP IRMÁNS VILLAR: nados/as entre 2012 e 2020. (4º EI a 6º EP cursados)

5.    CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO: nados/as entre 2012 e 2019. (5º EI a 6º EP cursados)

6.    CEIP COVADONGA na unidade de EIROÁS: nados/as entre 2012 e 2019. (5º EI a 6º EP cursados)

7.    *CEIP PRÁCTICAS: nados entre 2012 e 2020. (4º EI a 6º EP cursados)

8.    *CEIP AS MERCEDES: nados/as entre 2016 e 2020; de 4º EI a 2º EP (cursados).

9.    CEIP MESTRE VIDE: nados/as entre 2012 e 2019. (5º EI a 6º EP cursados)

10.    AULA DA NATUREZA DO RÍO MIÑO-OIRA: nados/as entre 2012 e 2017 / só Educación Primaria.

11.    ESPAZO MAKERS- Uvigo- NOVIDADE- 1ª quincena xullo para alumnado nado de 2009 a 2011 (1º ESO a 3º ESO) e na 2ª quincena de xullo nados de 2012 a 2015 (3º EP a 6º EP). Horario de 9h a 14h. “Un verán na nube”.
DIRECCIÓN: Edificio Politécnico-Facultade de Informática da Uvigo-Ourense (Campus Norte).

* Nestes centros (2, 3, 7 e 8) haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

De 8h a 9.30h “acollida temperá” para as familias que o necesiten.(apertura de portas ás 8h, 8,30h e 9h).
O horario tope para entrada será ás 9.30h e o de saída de 14h ata 14.30h, excepto no Espazo MaKers
(de 9h a 14h).

As datas dos campamentos Concilia son:
•    Do 24 ao 28 de xuño (só na Aula da Natureza)
•    Do 1 ao 15 de xullo
•    Do 16 ao 31 de xullo
•    Do 1 ao 14 de agosto
•    Do 16 ao 30 de agosto
•    Do 2 ao 6 de setembro (só na Aula da Natureza)
 
INSCRICIÓN

A inscrición será exclusivamente en liña a través da aplicación Moubil do Concello de Ourense. O prazo será do 6 de xuño ás 9.00 h ao 11 de xuño ás 24.00 h.
Unha vez feita a inscrición, recibirá un correo electrónico cun código que deberá conservar para comprobar se aparece na listaxe provisional de admitidos/as, que se publicará o día 14 de xuño na aplicación Moubil e no taboleiro da Concellería de Educación.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

So poderán formalizar a matríucla se aparecen na listaxe provisional de persoas admitidas (anularanase os ingresos bancarios feitos con anterioridade e perderarse o dereito á praza.

Unha vez admitidos/as, deberán presentar a documentación debidamente cuberta de maneira presencial na Concellería de Educación, de 9.00 h a 14. 00 h. (rúa da Canle nº 6) ou vía on line no correo electrónico: conciliaeducacion@ourense.gal (obrigatorio poñer no asunto o nome co campamento no que se matricula)

O prazo de entrega de documentación será do 17 ao 21 de xuño.

Documentación obrigatoria que se presentará no prazo estipulado:

1.    Ficha de matrícula cuberta, asinada e con foto (descargar na APP Moubil), na que figura a declaración xurada de que cumpren os requisitos.
2.    Xustificante do pagamento; deberá poñer no concepto o nome do centro e o nome e primeiro apelido do/a neno/a matriculado/a. (o nº de conta figura na folla de matrícula).
3.    Taxas:
•    10€: mes completo (xullo ou agosto)    ( 5€ cada irmán)
•    10€: unha soa quincena (5€ cada irmán)
•    10€ por semana (5€ cada irmán)
•    **Taxa única de 10€ por matrícula do mes, quincena ou semana. Os irmáns a metade.
4.    Copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a participante.
5.    Fotocopia do DNI do/a neno/a (se o tivese) ou do libro de familia.
6.    Documento que demostre que as figuras parentais están en situación laboral activa (vida laboral, contrato...)

Unha vez recibida e comprobada esta documentación, e se todo está correcto, poden considerarse admitidos, e deberán presentarse no campamento o día de comezo.

Criterios para a selección do alumnado de maior a menor puntuación:
*É requisito imprescindible que os nenos e nenas participantes estean empadroados/as no Concello de Ourense.
•    Que todas as figuras parentais estean en activo.
•    Que unha soa figura parental (se hai dúas) estea en activo.
•    Orde de entrada en caso de empate.
 
Listaxe de agarda:

Xerarase unha listaxe de agarda co alumnado que non sexa admitido.
Unha vez completado o proceso da primeira adxudicación, a partir do 24 de xuño, porémonos en contacto telefónico coas persoas da lista de agarda para ofertarlles as prazas dispoñibles en calquera dos centros.

Outras informacións de interese:

•    A Concellería de Educación resérvase o dereito a anular as actividades naquel centro que non reúna un grupo mínimo de nenos e nenas.
•    As faltas de asistencia sen xustificar suporá a perda da praza.
•    Se a documentación e a información achegada non fose certa, provocaría a perda da praza e do ingreso efectuado.
•    Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula, se non foi presentada, entenderase que renuncia.
•    En caso de exceso de demanda nalgún dos centros, concederase un máximo de 2 quincenas por neno/a.

Ourense, 31 de maio do 2024 As coordinadoras do Programa

AdxuntoTamaño
0K CARTEL CONCILIA VERÁN 2024 .pdf6.48 MB
DATAS E PRAZOS.pdf97.9 KB
INFORMACIÓN verán 2024.pdf146.3 KB


page | by Dr. Radut