Skip to Content

Visita á Policía Nacional

O alumnado de 3º e 4º de Primaria visita a Comisaría da Policía Nacional de Ourense!

O pasado 14 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria do noso cole tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia única ao visitar a Comisaría da Policía Nacional de Ourense.

Durante a visita guiada, os nenos e nenas puideron coñecer de preto as diferentes dependencias da comisaría, como o museo, o heliporto, a zona de calabozos e o control de acceso. Ademais, os axentes de policía explicáronlles o sistema xerárquico da policía coas diferentes insignias, os distintos corpos de policía e o proceso que se segue coas persoas detidas.

Unha das partes que máis gustou aos alumnos foi a visita ao museo, onde puideron ver diferentes obxectos e uniformes utilizados pola policía ao longo da historia. Tamén gozaron moito co selo da Policía que lles puxeron nos seus pulsos ao final da visita.

Esta visita foi unha gran oportunidade para que o noso alumnado aprendera máis sobre o traballo da Policía Nacional e para que se conciencien da importancia da seguridade cidadá.



page | by Dr. Radut