A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.
Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio (en 3º e 5º non hai fondos, polo que só recibirán os libros que lles correspondan pola renta familiar: 6 ou 4 libros).
Prazo para presentar as solicitudes
- O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
As ordes e a documentación:
- Orde de solicitude de axuda para libros e material educativo.
- Impresos de solicitude das axudas; Anexo I e Anexo II) É o mesmo impreso para as tres axudas (Libros 1º e 2º, fondo libros e material escolar).
- Só se cumprimentará un impreso por familia para alumnado do noso centro.
- Documentación que acompañará á solicitude.
- Aplicación de Fondo de libros para a súa presentación en liña.
LISTAXE PROVISIONAL de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21 |
Na primeira semana de xullo publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web, e por medio de Abalar Móbil, a data de publicación. Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación. |
LISTAXE DEFINITIVA de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21 |
Publicada a listaxe definitiva no taboleiro docentro o día 09/07/2020. Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2020/2021. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas. |
Nos seguintes documentos pdf poderedes descargar a lista de libros para o curso 2020/2021.
Relación de libros de texto para o curso 2020/2021 en pdf.
- Relación de material de aula para o curso 2020/2021. (A partir do 1 de xullo)