Skip to Content

Traballo na casa durante o estado de alarma

Este e o lugar de traballo que empregamos ao longo do estado de alarma para facilitar as tarefas a realizar e nas que poderedes revisar todo o realizado.

 
   

COMUNICADO ÁS FAMILIAS SOBRE A AVALIACIÓN FINAL

 


COMUNICADO ÁS FAMILIAS


 

Queridas familias:

O primeiro de todo, o profesorado do CEIP Manuel Sueiro, desexa que todos e todas esteades ben. Esta situación non resulta sinxela para ninguén, pero é necesario seguir as recomendacións do Ministerio de Sanidade, coidándonos e coidando aos demais e isto facémolo quedándonos na casa.

O segundo é mandar unha mensaxe de tranquilidade e calma. Os mestres e mestras do colexio deseñamos actividades para que os vosos fillos e fillas as vaian facendo na casa. Sabemos que non é unha tarefa sinxela, que moitas familias non tedes impresoras, nin ordenadores, ou temos que compartilos na casa, que as tablets non funcionan todo o ben que quixeramos... pero ante todo TRANQUILIDADE:

  1. As actividades que propoñemos a través da páxina web do colexio non é necesario imprimilas, podédelas facer nas libretas ou en folios, aproveitando os recursos que tedes nas vosas casas.
  2. Non é necesario que se copien os enunciados das actividades.
  3. Se alguén non é capaz de resolver as actividades, ou ten problemas coa páxina web, podedes, ou ben chamar ao colexio de 10.00 a 13.00 horas, ao telefono 988231026, ou enviar un correo a calquera das seguintes direccións de correo electrónico ceip.manuel.sueiro@edu.xunta.gal ou ceipmsueiro@gmail.com e estaremos encantados de axudarvos.
  4. As actividades están clasificadas por materias. NON É PRECISO FACELAS TODAS. Cada un de vós pode ir facendo pouco a pouco o que máis lle guste, seguindo o voso ritmo, sen agobios e sen presións. NON HAI PRÉSA.
  5. Se alguén está nunha situación que lle impida realizar estas tarefas, como estar na aldea e non ter conexión ou calquera outra, non pasa nada,  este non ten que ser un motivo de preocupación, as tarefas NON SON AVALIABLES, é dicir, non imos poñer notas.

Neste momento temos todos unha prioridade, que é coidarnos e coidar aos demáis da mellor maneira que poidamos; estamos a vivir unha situación excepcional que require da nosa creatividade e imaxinación para resolver os pequenos obstáculos do día a día.

Un saúdo.

O director.

Asdo: José Manuel Rego García



 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS SOBRE A AVALIACIÓN FINAL



page | by Dr. Radut