Eventos
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a actividade OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS o mércores 8 de marzo de 2023 ás 10:00 horas.
O alumnado de Educación Infantil realizará o obradoiro "VERBATECA. LABORATORIO DE PALABRAS" o jueves 9 de marzo de 2023. Realizaranse dous obradoiros. O primeiro á 10:00 horas para o alumnado de 4º e 5º de Educación infantil e o segundo ás 11:30 horas para o alumnado de 6º Ed. Infantil.
O mércores 15 de marzo de 2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a visita ás dependencias da Policía Local de Ourense. Á visita será ás 10:00 horas e a saída do colexio ás 09:15 horas.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará o obradoiro ENCONTROS CO AUTOR o venres 17 de marzo de 2023 ás 09:45 horas no CEIP Mestre Vide.
O venres 17 de marzo de 2023 realizaremos no centro o Obradoiro de Xogos Populares levado a cabo pola fundación Xaquín Lorenzo en horario de 12.00 a 14:00 horas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria
O martes 21 de marzo de 2023 o alumnado de Educación Infantil visitará o supermercado Gadis situado no Centro Comercial PonteVella ás 10:00 horas. A saída do colexio será as 09:15 horas.
O xoves 23 de marzo de 2023 o alumnado de Educación Primaria visitará o supermercado Gadis situado no Centro Comercial PonteVella en dúas quedas. A primeira ás 10:00 horas e a segunda ás 11:00 horas. A saída do colexio será as 09:15 horas e 10:15 horas respectivamente.
O martes 28 de marzo acudirá ao noso centro Benjamín para contarlle uns contos ao alumnado do colexio. A actividade comenzará ás 09:15 horas.