Eventos
A Xefatura territorial autorizou como día non lectivo o día 20 de marzo para o noso centro a petición do Consello Escolar.
O martes 24 de marzo o alumnado do CEIP Manuel Sueiro dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visita as instalacións de Sogama.
O mércores 25 de marzo, realizaremos no colexio a actividade que leva por título "La Vuelta Junior" para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O horario da actividade será a seguinte:
1º) 10.40 a 11.30 horas. Sesión teórica.
2º) Sesión práctica.
2.1º) De 12.00 a 13.00 horas. Grupo de 3º e 4º de Educación Primaria.
2.2º) De 13.00 a 14.00 horas. Grupo de 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria participará na actividade "Coñecer e actuar para a conservación do río Miño" que se realizará o día 14 de abril de 2020 nas instalacións da aula de natureza do río Miño en Oira.