Este proxecto forma parte de As Ondas do Miño Comunicacións; e consiste na realización dun programa audiovisual, dirixido e presentado polos rapaces e rapazas do cole; e na que imos intercalando reportaxes sobre os diferentes actos e celebracións do centro; con outras seccións de carácter cultural, elaboradas e protagonizadas polos diferentes cursos de primaria e infantil (O Mundo en Cómic; Mestres de Mestres; publi-reportaxes; etc)
Os obxectivos fundamentais deste proxecto consiste en desenvolver as capacidades expresivo-comunicativas do noso alumnado, tanto a nivel verbal como non verbal; mellorar o nivel de lectura, sobretodo a primeira vista; afianzar e mellorar as habilidades lingüísticas en galego, tanto orais como escritas; e proporcionar un marco de unión entre o aprendizaxe e a tecnoloxía empregada para levar a cabo este proxecto.
A continuación deixámosvos algún dos mellores programas que xa levamos grabado nestes dous últimos anos.
PROGRAMA PILOTO