Os Obradoiros de Disfraces foron todo un éxito, un ano máis. Moitas grazas ás nais e pais que vos achegastes a colaborar; e facedes posible a realización deste tipo de obradoiros creativos e de convivencia.
O Entroido é unha das festas preferidas no cole de Crecente; unhas datas nas que toda a comunidade educativa (nais, pais, mestres, nen@s...) colabora para dar vida a todas as actividades que engalanan esta celebración. Uns días cheos de disfraces, sobremesas, mascaras, desfiles e, antetodo, moi bo rollo.
Unha das festas tradicionais máis importantes en Galicia é o Magosto; e no cole de Crecente a vivimos a tope. Unha xornada chea de xogos, actividades creativas e, por suposto, castañas asadas!!!
Disfrutade das mellores imaxes que nos deixou este Magosto 2016