Benvidos ao Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro
Na nosa escola pretendemos ofrecer ao noso alumnado unha educación de calidade, adaptada ao mundo do século XXI.
Nesta liña debemos indicar que o noso é un centro plurilingüe, no que o castelán, o galego e o inglés conviven en armonía, non só nas materias curriculares (seccións bilingües), senon en todas aquelas actividades e proxectos que levamos a cabo ao longo do curso escolar.
Ademáis estamos participando no PLANBE (Plan Nacional de Bibliotecas Escolares) o que implica a realización de obradoiros, actividades e proxectos de innovación educativa no ámbito da biblioteca escolar.
Tamén temos o privilexio, por méritos propios, de pertencer ao proxecto "Radio na Biblio", programa oficial de difusión da radio escolar, organizado polo departamento de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia
Podedes coñecer máis a través dos nosos blogues e canle de youtube (na cabeceira desta páxina).